viernes, 3 de mayo de 2024

Fotos e vídeos vosos

Ola, aquí vos deixo as últimas fotos e vídeos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas fóra do centro escolar. Moitas gracias aos que mas enviáchedes e animo aos demáis a que o sigan facendo para entre todxs, ir construindo este blogue deportivo.

Sabedes que tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es













jueves, 2 de mayo de 2024

Actividades Deportivas mes de Maio

Ola, que tal?

Aquí vos deixo o calendario das actividades deportivas que imos facer no presente mes de maio, comezamos:

03-05-24 --- O alumnado de 2º de Ed. Primaria fará a súa primeira xornada intercentros dentro do Programa XOGADE, coa actividade MULTIXOGO 6-8 onde invitaremos ao noso pavillón municipal ao alumnado de 2º de ed. primaria do CEIP Isidora Riestra e do CEIP Cabanas.

06-05-24 --- O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa segunda sesión do deporte do Tenis de Mesa en colaboración co Clube Tenis de Mesa Monteporreiro.

07-05-24 --- O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria irá mariscar a Lourido/Campelo xunto coas mariscadoras desa Cofradía, onde a parte de coñecer o arte de mariscar e todo o que conleva, farán exercicio camiñando pola area e rastrexando cos anciños e buscando ameixas ou croques coas aixadas.

08-05-24 --- O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a súa segunda sesión do deporte de Salvamento e Socorrismo. Esta vez, iremos a piscina de Campolongo, e contando coa colaboración do Clube de Salvamento SAPO, faremos o noso "bautismo" no deporte.

10-05-24 --- O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fará unha xornada de deportes adaptados en colaboración coa Asociación AMIZADE para continuar coa "nosa" concienciación das persoas con discapacidade.

14-05-24 --- O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa salida ao EcoParque Multiaventura de Marín onde fará a súa iniciación aos Circuítos Arbóreos.

22-05-24 --- O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará a súa saída a praia fluvial de Pontevedra a facer a última xornada de convivencia co resto de alumnxs de 5º de Ed. Primaria dos colexios integrantes en ADESPONT, onde poremos en práctica todo o aprendido sobre o deporte de DRAGÓNS.

27-05-24 --- O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará unha sesión de "Baile Deportivo" cos coñecidísimos Adrián Esperón e Noemí Abal, almas máters de Pontebaile onde practicaremos os bailes que nos propoñan a parte de facer expresión corporal.

29-05-24 --- O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a práctica de "Ed. Vial" polas rúas da cidade acompañados pola Policía Local. Para ese día cada rapaz/a ten que traer a súa bicicleta e o seu casco para poder realizalo.

30-05-24 --- Todo o alumnado de Ed. Primaria fará a súa Excursión de Fin de Curso que este ano iremos a zona de Salvaterra.

Como vedes, temos outro mes cargadiño de actividades deportivas...

miércoles, 1 de mayo de 2024

1ª Sesión de Tenis de Mesa

O martes pasado, contando coa colaboración do Clube de Tenis de Mesa Monteporreiro, cos seus adestradores e xogadores Crístofer e Judit a cabeza, o alumnado de 4º de ed. primaria puido preparar a súa participación na Gran Xornada de Tenis de Mesa que imos levar a cabo o próximo luns, no pavillón do Príncipe Felipe. Xornada organizada dende ADESPONT e na que imos participar 10 colexios de Pontevedra e a súa contorna.

Nesta toma de contacto, viuse a rapazada que xa colleran algunha pala na súa vida e os que esta era a súa primeira vez; pero para todxs foi altamente satisfactorio quedando con gañas de seguir practicando.













viernes, 26 de abril de 2024

Sesión Dragón clase de 6º Ed. Primaria

Este xoves, o noso alumnado da clase de 6º de d. Primaria, foron practicar o deporte do DRAGÓN ao Pontillón do Castro. Verducido dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia.

Compartimos barco co CEIP San Roque de Vilanova de Arousa, co cal, fomentamos a convivencia coa rapazada da súa mesma idade doutro centro escolar o mesmo tempo que facemos unha actividade deportiva tan atrainte coma é o Piragüismo-Dragóns.

Tanto oas mestres coma oa alumnado gustoulles moito a experiencia querendo practicar durante máis tempo.



































jueves, 25 de abril de 2024

Xornada Intercentros 4º Ed. Primaria

Como xa vos comentara nunha entrada anterior, o pasado martes tivemos a nosa gran xornada intercentros onde nos reunimos 225 rapaces e rapazas de 4º de ed. primaria de 8 centros escolares dos que conformamos ADESPONT, en colaboración co Servicio de Deportes da Xunta de Galicia.

Os deportes que practicamos foron: RUGBY CINTA coa colaboración do Pontevedra Rugby Club, XOGOS TRADICIONAIS coa colaboración do alumnado do TSEAS, BAILE DEPORTIVO coa colaboración de Adrián Esperón de PONTEBAILE, RCP e DESA coa colaboración da Escola de Enfermería de Pontevedra e BALONMÁN coa colaboración da S.D. Teucro.

Foi todo un éxito porque para os mestres de Ed. Física que formamos ADESPONT o máis importante é a convivencia entre o diferente alumnado, á vez que practicamos diferentes deportes e fomentamos os hábitos saudables repartindo auga e unha peza de froita aportadas por SUPERMERCADOS FROIZ; todo isto dentro do noso Proxecto de Vida Activa e Deportiva que estamos a desenvolver no centro escolar.

Por favor, preguntádelle aos vosos fillxs que tal o pasaron...














viernes, 19 de abril de 2024

Sesións de Fútbol Sala

O xoves, 18-04-24, as clases de 3º e 4º de ed. primaria, tiveron a sesión práctica do deporte de fútbol sala impartida polo entrenador (Luis López) e xogadoras (Laura, Sandra, Elena, Irene, Rocío y Martita) do Poio Pescamar, equipo feminino integrante da Primeira Fútbol Sala Iberdrola.

Foi unha sesión estupenda onde puideron practicar o deporte de fútbol sala acompañados por un adestrador e xogadoras de primer nivel da máxima categoría do fútbol sala feminino. Doulles as gracias a todas elas, porque a súa predisposición foi espectacular e chegaron a a xogar uns partidiños con nos. De seguro que repetiremos...