jueves, 2 de mayo de 2024

Actividades Deportivas mes de Maio

Ola, que tal?

Aquí vos deixo o calendario das actividades deportivas que imos facer no presente mes de maio, comezamos:

03-05-24 --- O alumnado de 2º de Ed. Primaria fará a súa primeira xornada intercentros dentro do Programa XOGADE, coa actividade MULTIXOGO 6-8 onde invitaremos ao noso pavillón municipal ao alumnado de 2º de ed. primaria do CEIP Isidora Riestra e do CEIP Cabanas.

06-05-24 --- O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa segunda sesión do deporte do Tenis de Mesa en colaboración co Clube Tenis de Mesa Monteporreiro.

07-05-24 --- O alumnado de 1º e 2º de Ed. Primaria irá mariscar a Lourido/Campelo xunto coas mariscadoras desa Cofradía, onde a parte de coñecer o arte de mariscar e todo o que conleva, farán exercicio camiñando pola area e rastrexando cos anciños e buscando ameixas ou croques coas aixadas.

08-05-24 --- O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a súa segunda sesión do deporte de Salvamento e Socorrismo. Esta vez, iremos a piscina de Campolongo, e contando coa colaboración do Clube de Salvamento SAPO, faremos o noso "bautismo" no deporte.

10-05-24 --- O alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria fará unha xornada de deportes adaptados en colaboración coa Asociación AMIZADE para continuar coa "nosa" concienciación das persoas con discapacidade.

14-05-24 --- O alumnado de 4º de Ed. Primaria fará a súa salida ao EcoParque Multiaventura de Marín onde fará a súa iniciación aos Circuítos Arbóreos.

22-05-24 --- O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará a súa saída a praia fluvial de Pontevedra a facer a última xornada de convivencia co resto de alumnxs de 5º de Ed. Primaria dos colexios integrantes en ADESPONT, onde poremos en práctica todo o aprendido sobre o deporte de DRAGÓNS.

27-05-24 --- O alumnado de 5º de Ed. Primaria fará unha sesión de "Baile Deportivo" cos coñecidísimos Adrián Esperón e Noemí Abal, almas máters de Pontebaile onde practicaremos os bailes que nos propoñan a parte de facer expresión corporal.

29-05-24 --- O alumnado de 6º de Ed. Primaria fará a práctica de "Ed. Vial" polas rúas da cidade acompañados pola Policía Local. Para ese día cada rapaz/a ten que traer a súa bicicleta e o seu casco para poder realizalo.

30-05-24 --- Todo o alumnado de Ed. Primaria fará a súa Excursión de Fin de Curso que este ano iremos a zona de Salvaterra.

Como vedes, temos outro mes cargadiño de actividades deportivas...