viernes, 31 de mayo de 2024

Sesións deportivas de Xuño

Ola, ola, que tal?

Xa estamos a rematar o curso e aquí vos deixo as derradeiras actividades deportivas que temos neste mes de xuño.

5 de xuño: o alumnado de 6º de ed. primaria, farán na praia fluvial de Pontevedra a última sesión de Salvamento é Coñecemento en colaboración co clube SAPO durante gran parte da mañá.

6 de xuño: o alumnado de 4º de ed. primaria fará a súa actividade de "circuitos arbóreos" no Ecoparque de Marín durante gran parte da mañá.

7 de xuño: o alumnado de toda ed. infantil fará a súa tradicional excursión.

10 de xuño: o alumnado de 5º e 6º de ed. primaria farán unha sesión de xogos tradicionais con outro centro escolar en colaboración coa Federación Galega de Petanca.