miércoles, 23 de junio de 2021

Despedida

Xa chegamos ó final. Custou, pero conseguímolo!!!

Noraboa a todos e todas polo voso esforzo e dedicación, e agora vos desexo que pasedes unhas boas vacacións e cargar pilas de cara o curso que ven.

Apertas para todos e todas do noso alumnado e tamén para os pais e nais que gracias a vos, tamén conseguimos chegar ó final sen moitos contratempos.

Vémosnos en septembro...

viernes, 18 de junio de 2021

Carteis e recomendacións

Ola, que tal?

Dentro do programa de "Hábitos de vida y estilos saudables" vos poño aquí os carteis e as recomendacións que nos mandaron dentro da plataforma GALICIA SAUDABLE.

Como podedes ver, temos recomenzacións para toda a familia, para os nenos/as, para os adultos e para os maiores. Creo que están moi ben e que vos pode axudar e dar unhas ideas para as vosas actividades deportivas individuais ou en familia.

Anímovos a que as practiquedes!!! Xa me contaredes. Podedes enviar as vosas conclusións ou dúbidas o correo educacionfisica@cprsanjose.es

https://galiciasaudable.xunta.gal/centros-educativos/recursos-para-centros/carteleria-de-promocion-da-actividade-fisica

jueves, 17 de junio de 2021

Xornadas de Xogos Tradicionais

Neste mes de xunio, sempre facemos as xornadas de xogos tradicionais, cos que empezamos a semana pasada e continuaremos o longo desta semana.

O que pretendo, é que os cativos e cativas, saiban un pouco máis sobre os xogos que os que non somos tan pequenos, xogabamos fai "tempo".

Por ahora, xogamos as chapas, os trompos, a saltar a corda, á goma, o peletre/rayuela/mariquiña e a comba. Déixovos unhas fotos da maioría das clases practicando estes xogos:












































Vos propoño que xoguedes cos vosos fillos e fillas a estes xogos que todos e todas coñecemos, cada un/unha temos as nosas "reglas", pero todos podemos xogar. Seguro que a rapazada, lles gustará xogar cos seus maiores. Ánimo!!! Desta forma, podedes sacar fotos ou vídeos, e mandarmas o correo educacionfisica@cprsanjose.es para que as poida subir o blogue deportivo de centro.

martes, 15 de junio de 2021

Andainas clases de 3 y 5 años

Onte, 14-06-21, a clase de 4º de educación infantil, fixo a súa andaina ata o río dos Gafos, onde puidemos ver os patos e as ocas. Chamoulle moito a atención, que estiveran ó seu lado, e moitos deles, non foran nunca por esa senda.

Hoxe, 15-06-21, tocoulle o turno a clase de 6º de educación infantil. Fixemos a ruta un pouco máis longa, chegamos a ver a estatua da "muller do emigrante" e seguimos a senda polo río dos Gafos.

As dúas clases camiñaron sen problema, gustoulles bastante a ruta e moitos, non a coñecían; así que animo as familias, para que fagades un paseo por esa zona.

Deixo as fotos: