Onte, 14-06-21, a clase de 4º de educación infantil, fixo a súa andaina ata o río dos Gafos, onde puidemos ver os patos e as ocas. Chamoulle moito a atención, que estiveran ó seu lado, e moitos deles, non foran nunca por esa senda.
Hoxe, 15-06-21, tocoulle o turno a clase de 6º de educación infantil. Fixemos a ruta un pouco máis longa, chegamos a ver a estatua da "muller do emigrante" e seguimos a senda polo río dos Gafos.
As dúas clases camiñaron sen problema, gustoulles bastante a ruta e moitos, non a coñecían; así que animo as familias, para que fagades un paseo por esa zona.
Deixo as fotos: