viernes, 26 de enero de 2024

Éxito das actividades e sesión programadas

Ola, ola, como imos?

Como xa pensaba, as dúas xornadas intercentros que fixemos esta semana (o luns con 6º de primaria e o martes con 3º de primaria) foron un éxito.

Teño que agradecer a hospitabilidade do alumnado e profesorado de CEIP Cabanas que facilitou moitísimo a nosa experiencia.

Como xa vos indicara anteriormente, con 6º fixemos VOLEI e KICKBALL e con 3º ATLETISMO (relevos, 50 metros lisos, resistencia con 300 metros, lanzamentos de peso e vórtex e salto de lonxitude cooperativo), KICKBALL e FLOORBALL.

O mércores, no pabillón municipal, co alumnado de 5º de ed. primaria, fixemos a sesión de BAILE MODERNO contando coa Colaboración inestimable de Nana e Inés, mestras de baile da academia FITA NOVAS. Como podedes ver nas fotos e vídeos, pasámolo xenial.












O día seguinte, o alumnado de 3º de ed. primaria, fixo a sesión de iniciación ao TENIS cos adestradores Chipi e Tosé do Club de Tenis Pontevedra; que tamén o pasamos estupendamente. Doulles as gracias pola súa dedicación e profesionalidade.














Estas dúas sesións de BAILE MODERNO e TENIS, sírvenos como preparación para as xornadas intercentros que imos facer co resto de colexios que formamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) os días 21 de febreiro e 19 de marzo.

13ª fotos e vídeos vosos

Ola, como imos?

Aquí vos deixo as derradeiras fotos e vídeos que me chegaron de compañeiros vosos facendo actividades deportivas. É xenial que fagades tanto deporte e tan variados fóra do colexio. Anímovos a que sigades practicando deporte e que me mandedes más fotos para entre todxs, seguir facendo este blogue.






Xa sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es

Invitación do Clube Cisne de Balonmán

Ola, que tal?

Recibimos unha invitación do Clube de Balonmán Cisne, co cal temos unha importante colaboración, para asistir de forma gratuita o partido que se desenvolverá no Pabillón Municipal dos Deportes de Pontevedra este sábado, 27 de xaneiro as 18:30. 

É un derbi galego, que enfronta as equipos Club Cisne Colegio Los Sauces e o Valinox At. Novás (O Rosal). Espero que vos apeteza asistir e animar o equipo da cidade.

Saúdos.



viernes, 19 de enero de 2024

Próximas Xornadas Deportivas

Ola, infórmovos dende este blogue das próximas sesións deportivas que temos a semana do 22 ao 26 de xaneiro.

O luns 22, o alumnado de 6º de Ed. Primaria, visitará o CEIP de Cabanas para facer unha Xornada Intercentros cos nenos e nenas dese centro escolar onde practicaremos o Floorball, Kickball e Volei.

O día seguinte, o alumnado de 3º de Ed. Primaria, fará a súa Xornada Intercentros visitando o mesmo colexio que o alumnado de 6º, e practicarán os seguintes deportes: Atletismo, Kickball, Pelota Canadiense e Floorball.

O xoves, 25 de xaneiro, o mesmo alumnado de 3º de Ed. Primaria, terá no pabillón, na súa sesión de E.F., a iniciación ao Tenis impartida polos adestradores do Clube de Tenis Pontevedra que nos servirá de preparación para a gran Xornada Intercentros onde nos imos xuntar con rapaces e rapazas de 3º de Ed. primaria de 9 colexios da comarca.

Todas estas sesións, están organizadas polos mestres de E.F. dos centros educativos que formamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) e amparadas polo Servicio de Deportes de Pontevedra da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.

De seguro que o pasamos xenial, e parte de practicar e fomentar o deporte, conseguimos a inclusión e participación entre sí de todos os participantes, fomentando as relacións personais entre iguais.

 

12ª Fotos vosas

Ola, ola! Como imos?

Estas son as fotos e videos que me seguen chegaron despois das Navidades. Xa sabedes que podedes enviarme todas as que queirades ao correo educacionfisica@cprsanjose.es












sábado, 13 de enero de 2024

11ª Fotos Vosas

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as fotos que me chegaron de vos facendo actividades deportivas nestas Navidades. Están xenial e é estupendo que practiquedes eses deportes "minoritarios". Moitos animos e moitas gracias por enviarmas.

Os que quierades, podedes enviar as vosas fotos e vídeos ao correo educacionfisica@cprsanjose.es