Onte, o alumnado da clase de 4º de Ed. Primaria, tivo a súa Xornada de Encontros Multideportivos organizada por ADESPONT en colaboración co Servicio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.
Compartimos xornada co alumnado do mesmo curso e o profesorado dos centros CEIP Xunqueira I y CEIP Cabanas. Pasámolo xenial e a parte de facer deporte, pasamos unha sesión de convivencia entre iguais que resultou altamente satisfactoria e quedamos con gañas de máis.
Os equipos están formados entre nenos e nenas dos tres colexios implicados para así conseguir unha maior convivencia entre rapaces.
Fixemos os deportes de TCHOUKBALL e o DATCHBALL (tedes aquí a información de cada unha premedo enriba do nome) e non puidemos facer BALONMÁN polo retraso de 45 minutos que tivemos co transporte.
Non temos fotos debido ao cumprimento da normativa de "Protección de Datos", onde non podo publicar fotos dos rapacxs dos outros centros e como o que nos importaba era a convivencia, non quisen sacer fotos só, do noso alumnado.
























