Ola a todas e todos, que tal?
Aquí vos deixo a enquisa que debedes cubrir e reenviarma cuberta o antes posible.
Unha vez cuberta, tedes que enviarma a educacionfisica@cprsanjose.es
Ola a todas e todos, que tal?
Aquí vos deixo a enquisa que debedes cubrir e reenviarma cuberta o antes posible.
Unha vez cuberta, tedes que enviarma a educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, como ides? Aquí vos deixo as fotos e vídeos que me chegaron esta semana. É xenial que mandedes moitas fotos e vídeos vosos facendo deporte. Douvos as gracias a todas e todos os que os/as mandades e vos animo a que o sigades facendo. Tamén animo aos demáis a que tamén mandedes alguna vosa.
Espero que sigades mandando a educacionfisica@cprsanjose.es
Estupendo!!! Xa teño moitas más achegas vosas para seguir implementando este blogue... É xenial que mandades as vosas actividades deportivas fóra do horario escolar.
Aquí vos deixo as desta semana...
O xoves pasado, tivemos unha xornada de sensibilización da discapacidade co alumnado de 3º e 4º de ed. primaria contado coa colaboración dos chicos e chicas pertencentes o Centro Méndez Núñez co seu maestro Edi a cabeza. Teño que darlles as gracias a todos os participantes porque o fixeron xenial e quedamos todos con gañas de repetir.
Fixemos uns xogos todos e todas xuntos onde o máis importante era xogar e interrelacionarnos uns cos outros, algo que conseguimos sen dudalo.
Déixovos unhas fotos para que vexades o que fixemos.
Ola, como ides?
Déixovos aquí os últimos vídeos e fotos que me chegaron de compañeiros e compañeiras vosos facendo actividades deportivas fóra do colexio.
Xa sabedes, que vos animo a todos e todas a que saquedes fotos e cas mandedes para que as poda publicar neste blogue. Entre todos e todas, será moito mellor!!!
Enviádesmas a educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, aquí vos deixo as fotos e vídeos que me foron chegando durante esta semana. Coma sempre, vos animo a que enviedes calqueira foto de vos facendo actividade deportiva fóra do cole. Tedes que enviarma a educacionfisica@cprsanjose.es
Ola, ola!!! Que tal?
Este martes, o alumnado de 3º e 4º de educación primaria, tivo a sorte de poder realizar a iniciación ao rugby contando coa inestimable colaboración do Pontevedra Rugby Clube. Xa son moitos anos de colaboración entre este clube e o Colexio e non teño máis que palabras de agradecemento a todos/as os xogadores/as e adestradores que viñeron a pasar con nós esta estupenda xornada, onde a parte de que o noso alumnado coñeza este deporte, aprenden os valores tan importantes que favorece o rugby como son o compañerismo, traballo en equipo, disciplina e axudar aos demáis por riba de todo.
Déixovos aquí unha mostra do gran traballo que fixeron tanto adestradores coma o alumnado:
A parte, esta xornada de iniciación ao rugby, serviunos para preparar a xornada que imos celebrar máis adiante con outros colexios de Pontevedra dentro do programa XOGADE.
Dende o clube, invitan aos nosos rapaces e rapazas de calquiera idade, a facer uns adestramentos con eles/as. Os/as interesados/as, preguntádeme a min.