domingo, 25 de abril de 2021

Leite

Paso a informarvos de que dende o luns, 03-05-21 ata o venres 14-05-21, repartiremos o leite, coa vosa autorización, cada un dos días lectivos seguindo co programa do fomento do consumo de froitas e leite. Como xa sabedes, vimos de rematar as xornadas de froita e en breve, comezamos coas do leite.

Pedímosvos que cubrades o seguinte papel e o enviedes o correo de aula para ter ben organizado cada unha das tomas.

Papel do leite


Moitas gracias e ata pronto!!!

viernes, 23 de abril de 2021

Último día da froita

Con moita mágoa, hoxe foi o derradeiro día da froita deste curso escolar. Como conclusión, podemos dicir que foi un rotundo éxito porque todo o alumnado e mestres, puido disfrutar das ricas froitas que tivemos durante estas dúas semanas.

Paréceme moi interesante, que nenos ou nenas que durante os recreos do cole, normalmente non merendan ou comen galletas ou boliños industriais, comeran tanta e tanta froita os días en que a froita a facilita o colexio; que vos parece?

Anímovos a que sigades traendo/comendo froita de forma regular, porque como puidestes comprobar de primeria man, está boísima!!! 

Déixovos a mostra do día de hoxe a continuación:

































Como podedes ver, tivemos froitas diferentes para tomar, e os mestres/as, tamén comemos!!!

jueves, 22 de abril de 2021

Novena xornada da froita

Ola, que tal?

Hoxe tivemos amorodos!!! Como podedes ver, trouxeron unhas cantas caixas e quedou pouco, pouco. Estaban moi boas e puideron repetir todo o que quixeron (coma todos os días).

Para mostra, estas fotos:





















 



























E mañá é o derradeiro día e temos... peladillos!!!