lunes, 28 de abril de 2025

Práctica Deporte Adaptado

O venres pasado, o noso alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, tivo a súa sesión práctica de deportes adaptados organizado pola Asociación AMIZADE en colaboración coa Fundación También de Madrid; que sirve coma xornada final dos deportes adaptados traballados durante todo o curso escolar e que intentarei seguir os vindeiros cursos.

Practicamos FLOORBALL, SLALON, TIRO con ARCO, BALONCESTO en CADEIRA de RODAS, HANDBIKE e DIFERENTES BICICLETAS ADAPTADAS, GOALBALL e BOCCIA; onde divididos en grupos pequenos, pasamos por todos os deportes durante a nosa estancia alí.

Foi estupendo comprobar que o noso alumnado está plenamente concienciado da implementación destes deportes na nosa sociedade para que todo o mundo teña acceso a práctica deportiva. 

Teño que darlle as GRACIAS a Marta e Paulo especialmente, pola súa invitación e a todo o voluntariado pola súa implicación e saber estar para con nós; esperando poder seguir facendo actividades conxuntas nos vindeiros anos.

Aquí vos deixo aos protagonistas:




























Saímos na prensa:

Pontevedraviva

Diario de Pontevedra

domingo, 27 de abril de 2025

Sesións Balonmán coa Federación Galega

Ola, ola, como imos?

Como xa saberedes, esta semana e o martes e mércores próximo, o noso alumnado de todas as clases de Ed. Primaria, tiveron ou terán duas sesións de Ed. Física do deporte do balonmán impartidas por técnicos da Federación Galega de Balonmán.

Estas sesións veñen dentro do acordo que o Colexio San José acadou fai 3 anos coa Federación Galega de Balonmán para impartir sesións de inicicación ao deporte cos seus adestradores; e que neste curso, conseguimos que como colofón, cada rapaz/a, teña GRATUITAS 15 días/sesións de balonmán a realizar no clube que máis vos interese a cada un de vos (aquí está excluída a rapazada que xa esté nun equipo de balonmán). Simplemente os interesados tedes que falar comigo o antes posible para que vos explique como vai. Esta proposta está vixente ata o 16 de maio, así que, animádevos a probar!!!

Como mostra do traballado ata o de agora, vos deixo o reportaxe fotográfico: