Ola, ola, como imos?
Como xa saberedes, esta semana e o martes e mércores próximo, o noso alumnado de todas as clases de Ed. Primaria, tiveron ou terán duas sesións de Ed. Física do deporte do balonmán impartidas por técnicos da Federación Galega de Balonmán.
Estas sesións veñen dentro do acordo que o Colexio San José acadou fai 3 anos coa Federación Galega de Balonmán para impartir sesións de inicicación ao deporte cos seus adestradores; e que neste curso, conseguimos que como colofón, cada rapaz/a, teña GRATUITAS 15 días/sesións de balonmán a realizar no clube que máis vos interese a cada un de vos (aquí está excluída a rapazada que xa esté nun equipo de balonmán). Simplemente os interesados tedes que falar comigo o antes posible para que vos explique como vai. Esta proposta está vixente ata o 16 de maio, así que, animádevos a probar!!!
Como mostra do traballado ata o de agora, vos deixo o reportaxe fotográfico:
