miércoles, 31 de mayo de 2023

Sesión Dragóns

Hoxe o alumnado de 5º de ed. primaria que os seus pais e nais os autorizaron, fixeron unha xornada de Dragóns polo río Lérez.

Comezamos a sesión indo camiñando ata as instalacións do clube colaborador, a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra, unha vez chegado, deixamos as mochilas e nos ensinaron as súas instalacións, as diferentes embarcacións e palas que teñen e unha pequena explicación do que facían e de como se emprega ese material.

Logo, puxemos os chalecos e collimos as palas, e comezamos a calentar, distribuindo en terra onde se ía colocar cada rapaz na embarcación, o lado esquerdo ou no dereito. A continuación, subimos o barco e xa comezamos a remar. Neste intre, cada un remou como puido pero logo das explicacións e a atención da rapazada, puidemos avanzar con máis soltura.

Teño que darlles as máis sinceiras gracias a Cristina, Miki e Jose María, pola súa antención para con nós e o seu bo facer co que conseguimos ir remando ata o ponte peatonal casi chegando a praia fluvial.

Os rapaces quedaron encantados, gustoulle moito a experiencia e seguro que quedaron un pouco cansos polo que durmirán estupendamente.

                                      

                                                                             

                                              

                                       














               







   

Como sempre, dende o clube vos convidan a probar indo con eles a entrenar durante uns días e logo decidides si seguir ou non (que de seguro que continuades porque é moi vicioso). Ánimo!!!

martes, 30 de mayo de 2023

Sesión Natación Artística

Hoxe, o alumnado de 1º e 2º de ed. primaria que vos os pais e nais o autorizastes, fixeron unha sesión de natación artística en colaboración co Clube Galaico Sincro na piscina Rías do Sur.

Foi unha fenomenal xornada onde a parte de disfrutar da natación artística e das instalacións, teño que agradecer a grandísima labor das adestradoras Diana e Chus e de Pepe, representante do clube que en todo momento estiveron atentos a calqueira dificultade que tivera a nosa rapazada para solventala o antes posible.

A mostra vola deixo a continuación:



















lunes, 29 de mayo de 2023

Sesión de Baile Deportivo

Ola, como vos comentara, o alumnado de 5º de ed. primaria tivo a sorte de contar na xornada de hoxe, na asignatura de Ed. Física, dunha sesión de Baile Deportivo impartida maxistralmente por Adrían Esperón e Noemi Abal, almas máter da Escola de Baile PonteBaile.

Estivo xenial e a rapazada puido comprobar de primeira man, a dificultade de coordinar os movementos coa súa parella a cos demáis.

Dende PonteBaile, vos invitan a ir pola súa Escola e probar algunha sesión. Así que vos animo a que vaiades por alí e faledes con eles...

Mostra do que fixemos: