Ola, como imos?
Como xa vos comentara neste blogue, onte tivemos a sorte de contar con Adrián Cubela, mestre de Esgrima e Adestrador da Escola Hungaresa de Esgrima.
A idea era que a rapazada coñecera este deporte dentro do plan do coñecemento dos deportes que se practican na cidade dende a asignatura de Ed. Física.
Foi todo un éxito e tanto o alumnado de 1º e de 2º de primaria o desfrutaron un montón e estiveron atentísimos as explicacións de Adrián, sobre todo coas espadas láser, por que será???
Puideron probar todo o material necesario, máscara, guantes, chaquetilla, espada láser, sables de foam y plástico de iniciación e mesmo lles convidaron a probar algunha sesión no propio clube de Esgrima da Escola Hungaresa (cada rapaz levou un folleto explicativo). Animádesvos!!!
Aquí vos deixo as fotos correspondientes: