Ola, boa tarde! Qué tal? Cómo imos? Que tal foi o verán?
Xa estamos de volta no cole e dende a asignatura de Educación Física, quero darvos a benvida a este novo curso, que espero, sexa o máis "normal" e levadeiro posible.
Antes de nada, quero indicarvos que este ano, sí que será obligatorio contestar as miñas propostas sobre Ed. Física que vos vaia subindo neste blogue, e na aula virtual de cada unha das clases do centro.
Indico que sí que será OBLIGATORIO, porque este ano, sí que teño que evaluar os vosos traballos audiovisuais, contando para a nota final a vosa participación neste blogue.
A idea, é subir algunha tarefa o mes, mentres teñamos clases presenciais, a cal computarei para acadar a nota final de cada alumno/a; e en caso de un novo confinamento, e que non teñamos clases presenciais, subirei unha tarefa diferente cada semana, para que podades facela e subila, respondéndome para poder eu evaluala de forma semanal.
Próximamente, indicareivos cómo tedes que facer para poñervos en contacto comigo, e en caso de ser necesario, as claves de acceso de cada un/unha, na aula virtual.
Nada máis, moitas gracias por todo e espero e desexo, que todo vaia o mellor posible neste novo curso escolar.
Saúdos, Gonzalo, mestre de Ed. Física do Colexio.