martes, 21 de diciembre de 2021

FELICES FESTAS

Xa chegaron, xa están aquí as vacacións de Nadal!!!

Xa tiñamos gañas todos/as de que chegaran. Agora a recargar forzas para retomar as clases en xaneiro con moitas gañas.

Dende a asignatura de Educación Física, quérovos desexar unhas moi boas festas e que disfrutedes un montón das vosas familias e amigos nestes días de descanso.

FELICES FESTAS e PRÓSPERO ANO NOVO!!!

lunes, 20 de diciembre de 2021

San Silvestre'21

Ola, ola! Que tal?

Chegoume esta comunicación por parte da Sociedad Gimnástica de Pontevedra para invitarvos a participar na San Silvestre deste ano. Volta a ser presencial cunha serie de novidades como que as saídas se farán en grupos de 150 persoas cada 20 minutos en tandadas pola mañá e pola tarde.

As inscripcións podedes facelas en: https://www.sgpontevedra.com/sansilvestre/

Espero vervos na proba e despedir o ano facendo moito deporte.

Saúdos, Gonzalo.

viernes, 17 de diciembre de 2021

Actividades vosas

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades que me enviastes últimamente. Gustaríame que me mandásedes máis rapaces e rapazas as actividades deportivas que facedes fóra do cole, pero se non mas enviades eu non podo subilas o blogue deportivo do centro. Unha pena.

Espero que agora que chegan as vacacións de nadal, e de seguro que facedes moito deporte, que me enviedes fotos ou vídeos de vos facendo deporte e así poder entre todos/as facer este blogue.

Gracias.

Recórdovos que podedes enviarme os vosos traballos a educacionfisica@cprsanjose.es











Tamén vos deixo o gran traballo que fixeron toda a rapazada da clase de 5º de educación primaria dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro, polo que lle agradezo un montón a todos/as eles/as este traballo así como tamén a súa mestra Pati. Veremos con que nos sorprenden a próxima vez...

Espero e desexo que o poñades en practica e se queredes, me enviades a mostra gráfica. Gracias.


Por outra banda, o noso alumando de 2º de educación primaria, tamén nos quixeron felicitar a navidade con este outro vídeo, o mesmo tempo que fan actividade deportiva dentro da aula. Moitas gracias os protagonistas coma a súa mestra Eli.

viernes, 10 de diciembre de 2021

DAFIS

Ola, como ides?

Esta información é para as nais e pais, como aclaración por si algun/ha, ten dúbidas con respecto as probas que realizamos o comezo do curso referente ó DAFIS co alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

Nesta páxina, podedes ver cada unha das probas realizadas e como as fixemos (unha vez dentro, tedes a man dereita unha nota que pon: Probas/Test. Alí vos aparecen 3 despregables. O que tendes que abrir é IDADE (6-18), que é o que corresponde as idades dos vosos cativos/as, e xa vedes proba por proba cada unha delas:

Probas DAFIS

Por outra banda, as titoras de cada un destes cursos, vos enviaron os resultados obtidos polos vosos fillos e fillas, para que lle botedes unha ollada. É información para vos, para que saibades os resultados, non é nada definitorio. Estes resultados son unha "mediana" en comparación co resto de rapaces e rapazas da súa mesma idade de Galicia, Provincia, Concello e Centro.

Na primeira páxina, aparecen os resultados do alumno/a en todas as probas, e abaixo, vos aparece a explicación destes resultados/colores.

Nas catro páxinas seguintes, aparece proba por proba dúas columnas, a que vos tedes que fixar é na columna da dereita, onde vos indica cun asterisco no apartado "Centro" onde está o voso fillo/a.

Se tedes cualquier dúbida, podedes enviarma a seguinte dirección de correo e contestareivos o antes posible: educacionfisica@cprsanjose.es

Como vos informamos o comezo do curso, no papel que firmastes para que o voso fillo/a fixera estas probas, estos resultados poden velos os pediatras, por si queredes consultarlle algo.

Como resumo, istos resultados son simplemente "medianas" con respecto a outros rapaces e rapazas do súa mesma idade, nada máis; e son datos a nivel informativo para vos.

Nada máis, saúdos e boa fin de semana.

sábado, 27 de noviembre de 2021

Novas actividades deportivas

Seguídevos animando a enviarme fotos ou videos das vosas actividades deportivas que facedes fóra do colexio. Están xenial e vos animo a que sigades facendo e practicando moito deporte.

Tamén animo as familias, pais, nais, avós e avoas, irmáns... que saiades nas fotos ou videos practicando esas actividades deportivas porque estou seguro que tamén as facedes cos vosos fillos e fillas.









Vos recordo que tedes que enviarmas a: educacionfisica@cprsanjose.es

viernes, 26 de noviembre de 2021

Derradeiro día de froita

Hoxe, última xornada da semana da froita tocounos arándanos. Coméronse moi ben, igual co resto de froitas de todo a semana. Algún parecía que estaba a comer pipas, unha pasada.

Aquí vai a mostra:

                          

                   

                                                                             

                                                   















Con isto, pechamos a semana de froita. Foi todo un éxito e o claustro de profesores está encantado coa aceptación por parte do alumnado. O longo do curso, repetiremos a experiencia.

jueves, 25 de noviembre de 2021

Magosto

Hoxe tamén celebramos o xa tradicional Magosto co noso castañero e cos nosos xogos tradicionais. É unha pena non poder compartir con vos, pais, nais, familiares dos cativos/as, esta xornada de castañas e xogos, pero debido a pandemia, temos que limitar moi moito as actividades grupais, de feito, ata os nosos rapaces e rapazas, tiveron que xogar só cos da súa clase, para estar en grupos burbulla.

Aquí vos deixo unha mostra dos xogos que fixemos: