viernes, 17 de diciembre de 2021

Actividades vosas

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as actividades que me enviastes últimamente. Gustaríame que me mandásedes máis rapaces e rapazas as actividades deportivas que facedes fóra do cole, pero se non mas enviades eu non podo subilas o blogue deportivo do centro. Unha pena.

Espero que agora que chegan as vacacións de nadal, e de seguro que facedes moito deporte, que me enviedes fotos ou vídeos de vos facendo deporte e así poder entre todos/as facer este blogue.

Gracias.

Recórdovos que podedes enviarme os vosos traballos a educacionfisica@cprsanjose.es











Tamén vos deixo o gran traballo que fixeron toda a rapazada da clase de 5º de educación primaria dentro do Proxecto de Vida Activa e Deportiva do centro, polo que lle agradezo un montón a todos/as eles/as este traballo así como tamén a súa mestra Pati. Veremos con que nos sorprenden a próxima vez...

Espero e desexo que o poñades en practica e se queredes, me enviades a mostra gráfica. Gracias.


Por outra banda, o noso alumando de 2º de educación primaria, tamén nos quixeron felicitar a navidade con este outro vídeo, o mesmo tempo que fan actividade deportiva dentro da aula. Moitas gracias os protagonistas coma a súa mestra Eli.