domingo, 20 de diciembre de 2020

Quecemento

Ola, ola! Como ides?

Xa nos queda moi, pero que moi pouco para as vacacións de nadal. De feito, o martes é o derradeiro día de clase por este ano!!!

Aquí vos deixo unha proposta de actividade para que fagades nas vacacións, e así, recordedes un pouco as sesións de educación física.

Esta proposta é facer un quecemento como os que facemos ó comezar cada unha das nosas sesións. Déixovos uns vídeos dalgúns dos que fixemos nas clases. Espero que os fagades e mos mandedes o correo educacionfisica@cprsanjose.es

Apertas e parabéns para todos e todas.  




Saúdos e FELICES FESTAS!!!


domingo, 6 de diciembre de 2020

PROXECTO DE VIDA ACTIVA E SAUDABLE

Ola familias, que tal?

CONSEGUÍMOLO!!! Despoís de dous anos de facer, presentar, volver a facer e volver a presentar coas modificacións indicadas polas autoridades competentes, acadamos o obxectivo último, estamos dentro do (ver enlace) PLAN PROXECTA co noso proxecto de vida activa e saudable que partindo dende a asignatura de Educación Física, e contado co apoio do equipo directivo e do claustro; tanto traballo nos custou pero o logramos. 

Mérito para todos e todas os/as que formamos esta comunidade educativa, cativa pero con moitas, moitas gañas de prosperar e mirar cara adiante, acompañando no camiño o noso increíble alumnado no seu prosperar como persoas adultas íntegras.

Este camiño comezou a finais do curso 2018-19, onde empecei a recadar informacións, datos, ver e estudar decretos, etc. onde conseguimos dar o primeiro paso, estar dentro das entidades, clubes e poucos colexios que temos o selo de calidade de (ver enlace) GALICIA SAUDABLE. O curso seguinte, fixen o proxecto deportivo de centro, onde intento que teñades información das cousas que facemos cos vosos fillos e fillas dende o departamento de Educación Física mediante o acceso a este (ver enlace) BLOGUE DEPORTIVO do CENTRO

Este proxecto, tivo altibaixos, onde parecía que chegábamos a meta... pero non; sempre faltaba algo, xa sexa institucional, xa sexa de educación, do inspector, do propio programa, do... Ata agora, que xa estamos dentro e formamos parte dos centros educativos que teñen e realizan actividades deportivas (levamos participando dende ai 12 anos no (ver enlace) XOGADE, plan promovido pola Xunta de Galicia, onde practicamos por cursos, diferentes deportes federados minoritarios, e que o curso pasado demos un pasiño máis coa incorporación no plan INTERCENTROS, onde en colaboración con outros mestres de educación física de outros colexios de Pontevedra, facemos xornadas de actividade física, pero o que pretendemos é que os rapaces e rapazas xoguen con outros nenos/as de outros colexios), fomentan a vida activa e saudable, facemos incidencia na boa alimentación cos nosos programas de "A SEMANA DAS FRUTAS", que vimos realizando no colexio dende ai catro anos, e que durante unha semana en cada trimestre (en total, 15 días), damos a probar o noso alumnado, frutas e frutos secos de tempada, para que proben os diferentes sabores, así como tamén facemos "A SEMANA DOS LÁCTEOS" dende ai tres cursos escolares.

Seguirei contándovos todo o que fagamos dentro do PLAN PROXECTA neste blogue, así que estade atentos e por favor, de vez en cando botádelle unha ollada para saber cómo está a cousa.

Dende o colexio, o paso está dado, agora, pedimos as familias, que axudedes na difusión e promovades que os vosos fillos e fillas practiquen deporte, e leven una vida activa e saudable.

Moitas gracias a todos e todas os que formades parte deste proceso, e espero que sigamos acadando os logros que nos plantexamos o comezo de cada curso escolar.

Por todo iso, GRACIAS, GRACIAS e GRACIAS. 

jueves, 3 de diciembre de 2020

E máis fotos...

Ola, como ides?

Algúns de vos, seguides mandando as vosas fotos ou vídeos facendo actividades deportivas fóra do colexio. Están xenial e xodes uns e unhas deportistas estupendos.

Vos animo a que me sigades mandando fotos ou vídeos coas vosas tareas deportivas. Por favor, enviarmas a seguinte dirección:

educacionfisica@cprsanjose.es

Apertas para todos e todas.






















miércoles, 2 de diciembre de 2020

Aclaración

Ola, ola! Que tal?

Gustaríame aclarar unha cousiña; todos os traballos que me enviedes referentes a asignatura de psicomotricidade ou de educación física, por favor, mandádemos a seguinte dirección:

educacionfisica@cprsanjose.es

xa que é moito máis doado e xa queda así para todo o curso escolar. Non enviedes fotos o e-mail do colexio, nin tampouco a calquera outra dirección; esta, é a que vale porque a vexo eu sen problema ningún e non implica máis traballo a ningunha mestra máis. 

Recórdovos que, gustaríame que todos e todas, mandarades unha foto vosa facendo calquer exercicio físico fóra do colexio. Cousas que fagades polas tardes ou nos fins de semana. Poden ser con algún implemento (pelotas, raquetas, paos, balóns, patíns, aros, trompos, etc) ou sen implemento (andar, correr, nadar, etc.)

Esta tarefa proposta, podedes facela todo o alumnado do centro, dende os máis pequenos da clase de 3 anos, ata os maiores, da clase de 6º de ed. primaria. Espero que vos guste a iniciativa e que enviedes algo, espérovos.

Por favor, cando mandedes calquer traballo voso, indicar no asunto, nome e apelidos do neno/a e o curso. Por exemplo: Tomás Rodríguez Martínez. 5º Ed. Infantil.

Lóxicamente, se queredes mandar máis dunha foto, podedes claro está. Podedes mandar cantas queirades, e vos animo, a que o fagades.

Teño que facer un apartado especial para os pais e nais, porque gracias a vos, este intercambio de traballos dos vosos fillos e fillas será máis doado, cómodo e eficaz para todos, tanto para os nenos, como para os pais, como para min como maestro. Así que douvos as GRACIAS antes de nada.

Calquiera dúbida que teñades, podedes escribirme un e-mail a esta dirección, e contestareivos a maior brevidade posible.

Moitas gracias e moitísimos ánimos.

viernes, 27 de noviembre de 2020

E máis fotos e vídeos vosos...

Eiquí vos deixo algunha das últimas fotos e vídeos que me chegaron, con algúns, tiven problemas para descargalos e o motivo é que "pesan" moito e non me deixa descargalos.

Por favor, cando mandedes cousas, facédelo con imaxen e vídeo de pouca calidade porque si non, non me deixa cargalos e cando o fago, tardo moitísimo e logo non volo deixa ver con unha mínima calidade. Gracias.

Espero que sigades mandando os vosos traballos deportivos fóra do horario escolar.

Apertas, Gonzalo.









domingo, 22 de noviembre de 2020

Colaboración Fundación Eroski

 Bo día! 

Esta semana, chegamos a un acordo de colaboración coa Fundación Eroski onde imos traballar o longo do curso con diferentes recursos que eles nos propoñen. Están xenial e convídovos a que vexades un pouco o que imos facer cos vosos fillos e fillas.

Nos seguintes enlaces, podedes velo.

Escuela de Alimentación

Energía para crecer

Como vedes, temos cousas para facer en familia na casa, animádevos, podedes participar!!!

Esta colaboración, a meto como unha axuda máis no desenrolo do Proxecto Deportivo de Centro, onde a alimentación, descanso e actividade física van da man, e forman un todo que é imprescindible para obter unha vída activa e saudable.

Desexo que vos guste, e que disfrutedes deste camiño. Adiante!!!

sábado, 21 de noviembre de 2020

Trompos

Ola, que tal?

O longo destas dúas derradeiras semanas, estivemos traballando nas sesións de educación física, cos trompos, xa sabedes: "por San Martiño...trompos o camiño"

Como puidestes comprobar cos vosos fillos e fillas, estiveron intentando aprender a bailar o trompo, e como sabedes, uns o conseguiron e outros... están en proceso. É cuestión de practica, canto máis lle dean, mellor lles sairá.

Anímovos a que practiquedes un pouco con eles e lle demostredes que nas nosas xeracións, tamén sogabamos. Xa sei que os avós e avoas estiveron practicando cos netos e netas, e tamén que algún de vos tamén o fixo, pero agora que rematamos o tempo de practicar no colexio, convídovos a que o fagades na casa, no parque ou onde queirades, pero que xoguedes un pouco cos vosos fillos e fillas e "recordedes" como se fai.

Deixovos unhas fotos onde podedes verificar os avances adquiridos:





















viernes, 20 de noviembre de 2020

Máis fotos...

 Ola, que tal?

Sigo poñendo fotos e vídeos que me van chegando. Anímovos a os demáis, a que fagades fotos ou vídeos de vos facendo cualquier actividade deportiva fora do colexio.

Vos espero!!!









miércoles, 18 de noviembre de 2020

Actividades Museo Massó

 Ola, que tal?

Segue a nosa colaboración anual co Museo de Massó. Déixovos o enlace cunha actividade moi interesante que espero que vexades e que fagades.

Saúdos.

Día do Patrimonio

viernes, 13 de noviembre de 2020

 Sigo recibindo e publicando máis fotos e vídeos que facilitades.