sábado, 21 de noviembre de 2020

Trompos

Ola, que tal?

O longo destas dúas derradeiras semanas, estivemos traballando nas sesións de educación física, cos trompos, xa sabedes: "por San Martiño...trompos o camiño"

Como puidestes comprobar cos vosos fillos e fillas, estiveron intentando aprender a bailar o trompo, e como sabedes, uns o conseguiron e outros... están en proceso. É cuestión de practica, canto máis lle dean, mellor lles sairá.

Anímovos a que practiquedes un pouco con eles e lle demostredes que nas nosas xeracións, tamén sogabamos. Xa sei que os avós e avoas estiveron practicando cos netos e netas, e tamén que algún de vos tamén o fixo, pero agora que rematamos o tempo de practicar no colexio, convídovos a que o fagades na casa, no parque ou onde queirades, pero que xoguedes un pouco cos vosos fillos e fillas e "recordedes" como se fai.

Deixovos unhas fotos onde podedes verificar os avances adquiridos: