viernes, 31 de marzo de 2023

Actividades vosas

Ola, xa estamos no último día do Segundo Trimestre e estas son as fotos ou vídeos que me chegaron esta semana.












Noraboa, temos entre nós a toda unha terceira clasificada no Campionato Galego de Ximnasia na modalidade de Cinta. Parabéns Inés!!! Desta forma, clasificouse para o Campionato de España a celebrarse próximamente.
































Espero que nestas vacacións, ainda que son curtas, poidades  practicar moito deporte e así poder mandarme as vosas fotos ou vídeos facendo ese deporte e poder entre todos e todas, seguir enchendo este blogue deportivo do Colexio San José.

Xa sabedes que tedes que envialas a educacionfisica@cprsanjose.es

martes, 28 de marzo de 2023

Xornada de Atletismo en Pista

Ola, o xoves, 30 de marzo, o alumnado de 5º de educación primaria, participará nunha xornada de Atletismo en Pista xunto con rapaces e rapazas de 6 colexios de Pontevedra, co cal pretendemos pasar unha sesión de convivencia, respetar normas e traballar en equipo facendo as probas de atletismo xa traballadas en cada colexio nas sesións de Ed. Física anteriores, no CGTD de Pontevedra.

Esta actividade está incluida no Programa XOGADE da Xunta de Galicia.

As probas que realizaremos serán:

60 metros lisos.

Lanzamento de Peso.

Lanzamento de Vórtex.

500 metros lisos.

Salto de Lonxitude.

Remudas 4x100 metros lisos.

Seguro que sae estupendamente e esperemos que o tempo acompañe.





















sábado, 25 de marzo de 2023

Xornada Intercentros Martes, 28 de marzo

Ola, ola, como imos?

Este martes, 28 de marzo, faremos unha Xornada Intercentros particular. Imos coincidir todo o alumnado de 3º e 4º de educación primaria dos 5 centros educativos que conformamos a Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT), nas instalacións do Pavillón Multiusos da Xunqueira e os campos de fútbol aledaños.

En total seremos 252 rapaces e rapazas de 8 e 9 anos que pasaremos unha xornada de convivencia con outros nenos e nenas dos demáis colexios. Ese é o obxectivo principal pero tamén queremos que a rapazada faga máis deporte, e practiquen os deportes que xa traballaron nos seus centros.

Os equipos son mixtos, tanto de rapaces como de rapazas como integrando a nenos e nenas de todos os colexios dos dous cursos implicados.

Toda esta práctica deportiva, organizada dende ADESPONT, a podemos realizar gracias a inestimable colaboración do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia que gracias ó programa XOGADE, permítenos facer estas xornadas. Temos que darlle as gracias tamén o Servicio de Deportes do Concello, por cedernos as instalacións e persoal necesario, os Clubes colaboradores (PONTEVEDRA RUGBY CLUBE, ESCOLA de DANZA FITA NOVAS, S.D. TEUCRO e C.B. ARXIL), que primeiro acercaron o seu deporte nunha sesión maxistral en cada centro escolar e o martes, o poñemos en práctica todos e todas xuntos. Tamén lle temos que dar as gracias o alumnado e profesorado do Ciclo de Grado Superior en Enseñanza y Animación Sociodeportiva (TSEAS), xa que o seu alumnado fará prácticas da vida real o cal se enfrontarán no futuro e participarán activamente no desenrolo da xornada. Por último, darlle as gracias a todo o profesorado que estará con nós dos cinco colexios e en especial os mestres de Ed. Física de cada centro, que foron os que pensaron e puxeron todas as súas gañas en que esta xornada saíra adiante.

Como podedes apreciar, os deportes que imos practicar son: Rugby Cinta, Baile Moderno, Balonmán, Baloncesto e engadimos Xogos Tradicionais. A rapazada estará dividida en cinco equipos e cada equipo pasará de forma rotativa por os cinco deportes para que o rematar a xornada, todos pasemos por todos os deportes.

Faremos un alto na metade da xornada para merendar e repoñer forzas.

Nada máis, de seguro será unha xornada estupenda, o pasaremos moi ben e faremos máis actividade física.

Se tedes algunha dúbida, podedes indicarma mandando un correo a educacionfisica@cprsanjose.es

Apertas e boa fin de semana.