Ola, o martes pasado, tivemos a segunda xornada intercentros onde participamos o noso colexio e o Xunqueira I co alumnado de 4º de educación primaria.
Nesta xornada fixemos o deporte do Bádminton e tamén tivemos tempo para facer os deportes alternativos de Floorball, Pelota Canadiense e Kickball.
Foi todo un éxito e todos/as os rapaces e rapazas disfrutamos desta xornada de convivencia e deporte, nun ambiente san e de cordialidade, quedando con gañas de repetir en vindeiras ocasións.
O equipo locatario, o colexio San José, foi o encargado de "invitar" os nosos convidados con froita, auga e leite, para repoñer as forzas gastadas durante a xornada.
Déixovos aquí unhas fotos cos deportes que fixemos.
A próxima xornada intercentros será un pouco especial, porque xuntaremos a todo o alumnado de 3º e 4º de educación primaria dos colexios: CEIP Froebel, CEIP Xunqueira I, CEIP Cabanas, CEIP Santo André de Xeve e CPR San José para facer os seguintes deportes Balonmán, Baloncesto, Baile Moderno, Rugby Cinta e Xogos Tradicionais a finais do mes de marzo.
Seguro que é un novo éxito!!!