domingo, 23 de febrero de 2020

Presentación Equipo Ciclista Froiz

Por terceiro ano consecutivo, os nosos nenos e nenas dos cursos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de primaria, acompañados polos seus mestres e mestras, asistimos á presentación do Equipo Ciclista Froiz que se levou a cabo na avda. Montero Ríos, diante do Palacete da Diputación Provincial.

Durante case unha hora e media, os rapaces e rapazas viron chegar a cada un dos corredores do equipo, que foron entrando na líña de Meta instalada para a inauguración desta tempada; escoitaron ás autoridades políticas que asistiron e recibiron unha clase maxistral do padriño do acto, Manolo Saiz, alma máter e impulsor do ciclismo neste país, sendo durante moitas tempadas o director dos equipos ciclistas Once e Liberty Seguros. Ademáis, puidemos falar co gañador do Tour de Francia Óscar Pereiro.

Así mesmo, tamén charlamos durante uns minutos coa nosa antiga alumna Ana Portela, hoxe reincorporada ó organigrama do staff técnico do equipo como nutricionista e xefa do departamento de comunicación, logo do seu paso polo ciclismo profesional.

Como remate da xornada, o alumnado levou para casa unha camiseta do equipo Froiz, ademáis duns aplaudidores que usaron durante todo o acto sen descanso.

Moitas gracias ó Equipo Ciclista Froiz, con Evaristo Portela á cabeza, por esta nova invitación, e moita sorte para esta tempada que comeza.












miércoles, 19 de febrero de 2020

Cross Escolar

La primera prueba fue más divertida de lo que creía, claro que no pensé que iba a quedar cuarta..., y ves tanta gente con pinta de saber correr mucho. Además todos mis compañeros me decían que iba a ganar y todo eso pero nunca me imaginé que sería la única de mi clase y casi de todo el colegio (sólo pasó otra más) en pasar a la otra carrera.

La segunda prueba fue muy difícil, había un montón de clubs de atletismo y gente muy buena, gente con mucha experiencia en carreras como esa. Yo era la primera vez que iba y la verdad es que cuando no llevábamos ni 500 metros, yo ya estaba super cansada, tanto que hasta pensé que se había acabado la carrera.

Sé que soy rápida pero verme allí entre tantas atletas... era como "si vas a correr contra todas ellas", yo, una niña que no ha hecho atletismo en un club de verdad en su vida. ¡Fue una pasada!.

Estas son as palabras de Sara Fernández Vidal, alumna de 5º de primaria que se clasificou para correr a fase provincial do cross escolar, logo de quedar 4ª clasificada na proba realizada na Illa das Esculturas entre todas as rapazas de 5º de primaria dos colexios de Pontevedra.

NORABOA SARA, UNHA GRAN CARREIRA. GRACIAS POR COMPARTIR A TÚA EXPERIENCIA!!!





sábado, 15 de febrero de 2020

Semana da Esgrima

Este ano, introducimos en ed. física un novo deporte, a ESGRIMA. Contamos coa presenza do Mestre Adrián Cubela do Clube Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra.

Estas xornadas, fixémolas a derradeira semana de xaneiro, e foi todo un logro porque o alumnado quedou encantado e o mestre acadou tódolos obxectivos que se propuso o idear esta actividade.

Puidemos probar tódalas proteccións que se empregan, máscaras, chaquetillas, guantes, etc. e tamén tódalas armas que se usan neste deporte, sables, espadas e floretes.

Mediante diferentes xogos, fixemos unha iniciación á esgrima, que era o que queriamos, aprendendo os desprazamentos, como se poñen as proteccións e como se collen as armas.

Así mesmo, o que máis lles gustou foi poder usar as espadas de Star Wars de Luke Skywalker, Obi-Wan Kenobi ou o mismísimo Darth Vader.












Semana do Xadrez

Coincidindo coa semana da froita, realizamos a semana do xadrez, xornadas que levamos varios anos facendo, sendo este o décimo aniversario. 

Novamente contamos coa inestimable colaboración do Clube Xadrez Pontevedra onde o seu monitor Miguel Palacios e o Mestre Internacional DANIEL RIVERA, fixeron as delicias do noso alumnado, ensinando este bonito deporte que tanto gusta os nosos rapaces.

Como tódolos anos, tiveron unha clase maxistral, cada unha das clases desde os rapaces de 6º de ed. infantil ata os de 6º de primaria, recordando o movemento das pezas uns e xogando partidas os outros.

Así mesmo, un ano máis, o colexio colaborará con este clube, aportando material de xadrez (taboleiros e pezas), que levarán no mes de abril ó campo de refuxiados de Azraq e Zaatari (Xordania), achegando o Xadrez como unha ferramenta efectiva para os máis pequenos e para os non tan pequenos. 















Semana da Froita

Do 10 ó 14 de febreiro levamos a cabo a semana da froita onde os nosos alumnos/as e profesores, puideron degustar as seguintes delicias:
Luns, 10 - Abelás e Pipas de Xirasol
Martes, 11 - Melón
Mércores, 12 - Pera
Xoves, 13 - Amorodos
Venres, 14 - Mazá
Todo o alumnado puido probar e degustar cada unha destas froitas e froitos secos, sendo moi aceptada polo alumnado esta idea desenrolada polo colexio, que cada trimestre vai a máis, sendo moi solicitada polos rapaces.

En breve, virá a semana dos productos lácteos, onde seguiremos co impluso dos alimentos sans e beneficiosos para todos, que o centro fomenta seguindo co deseño do Plan de Vida Saudable.

Deixamos unha mostra gráfica:







miércoles, 12 de febrero de 2020

Acreditación



Aquí está o certificado que acredita ó colexio coma un centro que fomenta a vida saudable. Con esta acreditación, sumámonos as entidades que fomentan estes hábitos que para os que estén interesados, poden consultar no enlace adxunto nas webs de interese.

domingo, 9 de febrero de 2020

Comezamos

Hola a todos/as! Qué tal?

Dende o departamento de Ed. Física do Colexio San José, puxemos en marcha esta iniciativa, a creación dun blogue onde poder ver todas as actividades relacionas coa actividade física, hábitos de vida saudable e outros aspectos como primeiros auxilios, alimentación, descanso, hixiene, etc. 

Esta idea xurdiu a inicio do curso, onde o mestre de educación física do centro, xunto co equipo directivo viron a necesidade de fomentar os hábitos de vida saudables e o deporte. Isto é algo que xa levamos moitos anos facendo pero que agora queremos que queden reflexados neste blogue. 

Ó comezo do curso, o mestre de Ed. Física, púxose en contacto coa Xunta de Galicia para ver cómo podiamos facer para entrar dentro do programa que a propia Xunta ten, e o primeiro paso foi obter o Certificado de Galicia Saudable, que conseguimos para o colexio a finais de novembro. A partires deste punto, o seguinte foi redactar o Proxecto Deportivo de Centro onde indicamos os puntos a seguir e os obxectivos que queremos acadar coa implantación desde programa.

Temos moitas cousas que mellorar, irémolo tentando co paso do tempo e a axuda de todos/as, pero esperamos que vos guste esta nova idea que estamos a emprender.