domingo, 20 de octubre de 2024

Sesións de Judo que faltaban

O mércores pasado, o noso alumnado de 5º e 6º de ed. primaria, tiveron unha sesión de iniciación ao deporte do judo da man de Alberto, judoka e adestrador do ximnasio ABP de Pontevedra.

Foron unhas sesións estupendas onde o noso alumnado entrou en contacto cun deporte de contacto coma é o judo, onde o pasamos estupendamente.

Por si algún quedou con gañas de máis, Alberto, repartiu a cada rapaz que quiso, unha folla onde estaba o seu contacto por si algún quere probar con él. Como sempre, a primeira sesión de proba será gratuita. Espero que vos animedes...

Mostra gráfica:
















Sesións Baloncesto que faltaban

Como xa vos indicara na entrada anterior, este luns pasado, o noso alumnado de 5º e 6º de ed. primaria e este venres pasado o noso alumnaod das clases de e 2º ed. primaria, tiveron a sesión correspondente a Baloncesto impartida por Nico, adestrador do Clube Estudiantes de Pontevedra.

Como xa sucedera con 3º e 4º, foron unhas sesións estupendas onde o nosos alumnado puido practicar de primeira man o deporte do baloncesto. Fixemos moitos xogos de dominio de balón, desprazamentos, entradas e lanzamentos a canasta. 

Foi tan divertido que quedamos con gañas de máis, agora, o que queira, pode seguir practicando no seu clube poñéndose en contacto con eles nos seguintes contactos:


O resto do reportaxe fotográfico...


























sábado, 12 de octubre de 2024

Sesión Baloncesto

O xoves pasado tivemos a posibilidade de contar con Xoel, adestrador do Clube Estudiantes de baloncesto para os cursos de 3º e 4º de ed. primaria, onde fixemos unhas grandes sesións de iniciación ao baloncesto.

Foron unhas sesións estupendas e o pasamos xenial, deixo o reportaxe fotográfico:

                                      

Coma sempre que ven algún clube, vos invitan a probar algunha sesión de forma gratuíta. Tedes a información na foto de arriba.

















Para o luns e venres da próxima semana, terán esta mesma sesión o alumnado de 5º e 6º o luns e 1º e 2º o venres.

viernes, 11 de octubre de 2024

Fotos vosas 3

Ola, que tal?

Aquí vos deixo a última das fotos que me enviáchedes. Espero que sigades mandando ao correo educacionfisica@cprsanjose.es



miércoles, 9 de octubre de 2024

Sesións de Esgrima

Ola, como imos? Onte, as clases de 1º, 2º, 3º e 4º de ed. primaria tiveron a sesión de esgrima correspondente impartidas maxistralmente por Michelle, tiradora e adestradora do Clube Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra.

Coma sempre, é un luxo poder contar con alguén da súa entidade para compartir con nós esta mañá ensinando os movementos básicos tanto de desprazamentos (marcha) como de ataque (fondo).

Estades invitados a probar no seu clube, atopando a información necesaria no díptico que cada rapaz/a levou onte para casa.

Déixovos unha mostra do traballado: