martes, 3 de diciembre de 2024

Xornada integración e sensibilización da Discapacidade

Ola, onte, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria, tiveron a sorte de contar cuns "mestres novos", pertencentes ao Juan XXIII, que solventaron cualquier dúbida que tivemos nas actividades que nos propuxeron: Os Xogos Tradicionais que fixeron eles mesmxs.

Foi unha verdadeira pasada poder disfrutar destes mestres que tanta dedicación nos dedicaron esperando que ámbolos dous grupos de participantes, aprendésemos moito e coñezamos un pouco máis as dificultades que teñen no seu día a día as persoas que teñen unha discapacidade.

Déixovos a mostra, pero podedes preguntarlle aos vosos fillxs:







Previamente, ámbalas dúas clases, tiveron unha charla coa psicóloga Sara do JUAN XXIII e unha integrante do centro Natalia, onde lles explicaron o seu día a día, o que fan no centro e como intentan prepararse para a vida diaria, axudándolles en todo o que o centro poida. Espero que a rapazada aprendese moitas cousas e se sensibilice da problemática que temos na sociedade.