O luns pasado tamén tivemos a xorte de contar co alumnado e profesorado da Escola de Enfermería de Pontevedra para impartirnos unhas sesións maxistrais de RCP-DESA, adaptándose as idades dos nosos rapaces. É un luxo poder contar con esta colaboración, a cal levamos fancendo uns anos, posto que non sabemos cando imos necesitar que alguén nos axude ou nos temos que atender unha emerxencia; polo que é fundamental que saibamos como actuar dende pequenos.
Este luns tocoulle o turno as clases de 4º e 5º de Ed. infantil, 3º, 5º e 6º de Ed. Primaria mentres que o martes que ven, tocaralle a 6º de Ed. Infanfil, 1º,2º e 4º de Ed. Primaria.
Espero que lle preguntedes a rapazada, posto que o pasamos xenial e aprendimos moito, moito. Para mostra...