miércoles, 28 de septiembre de 2022

Iniciación ó Balonmán

Ola, ola, que tal?

Na xornada de onte e na xornada de hoxe, puidemos contar coa presencia dun entrenador (Emilio) e de dous xogadores (Juan e Kaüe) da S.D. Teucro onde nos explicaron a súa experiencia no deporte do balonmán, a súa relación entre deporte e estudos e fixemos una iniciación práctica do deporte.

Na xornada de onte, a fixemos na avenida Montero Ríos e hoxe por mor da choiva, tivémonos que conformar cos soportais diante do colexio.

A experiencia foi altamente positiva, tanto para a rapazada, como para os xogadores, como para min que conseguín todos e cada un dos obxectivos plantexados.

Teño que agradecerlle a S.D. Teucro que contasen con nós para vir a dar estas maxistrais sesións na persoa de Emilio, e os xogadores (Juan e Kaüe) pola súa dedicación e atención para os rapaces e rapazas.

A nosa idea, e seguir fomentando o deporte do balonmán, tan arraigado na nosa cidade, mediante algunha sesión máis e mesmo facer unha xornada de concentración e convivencia con outros coles para practicar o balonmán.

Dende o clube, vos convidan a probar este deporte, e os interesados ou as interesadas, podedes chamar o seguinte número de teléfono para que vos expliquen todo o que queirades saber e poder facer entrenamientos de balonmán: 

659 927 767 - Emilio

Animádevos!!!












































domingo, 25 de septiembre de 2022

Actividades deportivas gratuitas

Ola, que tal?

Como xa vos comentara nas reunións de aula de principio de curso, o colexio está intentado chegar a algúns acordos de colaboración con diferentes clubes ou federacións deportivas para que os vosos fillos e fillas poidan practicar deporte de forma gratuita.

As que temos por agora son o de baloncesto e o de tenis, como xa vos indicaramos en xuño.

Xa sabemos que tendes moitas actividades onde elexir pero dende o colexio, queremos darvos algunha alternativa máis.

O baloncesto, será levado a cabo polo clube Arxil na pista cuberta anexa o CEIP Manuel Vidal Portela no seguinte horario:

Martes de 17:00 a 18:00 horas os de 5º e 6º de educación primaria.

Xoves de 17:00 a 18:00 horas os de 3º e 4º de educación primaria.

Para a rapazada de 1º e de 2º educación primaria, chamade o número de teléfono abaixo indicado.

O comezo da actividade será o 4 de octubro.

Para calqueira dúbida chamar no 607 354 735 - Maite Méndez.

A idea do propio Arxil e do colexio, é intentar formar un equipo que se chame San José Arxil, polo que é moi importante que vos apuntedes os que estedes interesados.

O tenis, será levado a cabo pola propia Federación Galega de Tenis nas pistas do Parque do Mercantil Industrial de Pontevedra nos días e horarios que podedes elexir do seguinte formulario (tedes que ir a ACTIVIDADE 2, o final do formulario)

Formulario tenis

sábado, 24 de septiembre de 2022

Iniciación Atletismo

Un ano máis, tivemos a sorte de poder practicar tres modalidades do deporte de Atletismo, como foron os lanzamentos de peso e de vórtex, os saltos de lonxitude e as carreiras de relevos contanto coa colaboración da Gimnástica de Pontevedra da man de Joao (adestrador, atleta e campión de Portugal de 110 metros vaias) e de Iago (adestrador e atleta do clube)

Foi todo un éxito e todos os que participamos na xornada disfrutamos moito e fixemos probas as que non estamos acostumados a facer.

Teño que darlle a noraboa os rapaces e rapazas das clases de 3º e 4º de educación primaria polo seu bo comportamento e o seu esforzo e os adestradores Joao e Iago polo seu bo facer, resolvendo todas as dúbidas que lles preguntaron durante a sesión.





















Déixovos aquí a cuartilla que lle deron a cada rapaz e rapaza por si queredes apuntar aos vosos fillos e fillas a que practiquen esta fabuloso deporte do Atletismo.