miércoles, 30 de octubre de 2024

Fotos vosas 4

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos e videos que me chegaron de vos practicando diferentes deportes. Gústame un montón que fagades deporte fóra do horario lectivo; e vos animo a que o sigades facéndo.

Logo, sabedes que podedes enviar as vosas fotos ou pequenos videos a educacionfisica@cprsanjose.es para que as poda subir a este blogue deportivo do Colexio San José. 















sábado, 26 de octubre de 2024

COLPBOL

Ola, como imos?

Aquí vos deixo uns pequenos videos e o regulamento do novo deporte que estamos a practicar nas sesións de EF no cole, dxt que vos está gustando un montón e volo deixo aquí para que teñades claro como se xoga.

Moito ánimo e a seguir practicando...



Que é o COLPBOL

Video explicativo



martes, 22 de octubre de 2024

Sesións Baloncesto co Clube Arxil

Hoxe, o noso alumnado de 3º e 4º de ed. primaria tivo a posibilidade de facer unha sesión de baloncesto co Clube Arxil, da man do seu adestrador Edu e das xogadoras do primeiro equipo Nena Trajchevska e Miriam García Lesende, co cal levamos moitos anos colaborando.

Foi un placer, coma sempre e a rapazada pasouno xenial aprendendo as bases do dxt do baloncesto.

Como sempre, tamén vos invitan a probar co clube, como indica no folleto que lles deron hoxe.














domingo, 20 de octubre de 2024

Sesións de Judo que faltaban

O mércores pasado, o noso alumnado de 5º e 6º de ed. primaria, tiveron unha sesión de iniciación ao deporte do judo da man de Alberto, judoka e adestrador do ximnasio ABP de Pontevedra.

Foron unhas sesións estupendas onde o noso alumnado entrou en contacto cun deporte de contacto coma é o judo, onde o pasamos estupendamente.

Por si algún quedou con gañas de máis, Alberto, repartiu a cada rapaz que quiso, unha folla onde estaba o seu contacto por si algún quere probar con él. Como sempre, a primeira sesión de proba será gratuita. Espero que vos animedes...

Mostra gráfica:
















Sesións Baloncesto que faltaban

Como xa vos indicara na entrada anterior, este luns pasado, o noso alumnado de 5º e 6º de ed. primaria e este venres pasado o noso alumnaod das clases de e 2º ed. primaria, tiveron a sesión correspondente a Baloncesto impartida por Nico, adestrador do Clube Estudiantes de Pontevedra.

Como xa sucedera con 3º e 4º, foron unhas sesións estupendas onde o nosos alumnado puido practicar de primeira man o deporte do baloncesto. Fixemos moitos xogos de dominio de balón, desprazamentos, entradas e lanzamentos a canasta. 

Foi tan divertido que quedamos con gañas de máis, agora, o que queira, pode seguir practicando no seu clube poñéndose en contacto con eles nos seguintes contactos:


O resto do reportaxe fotográfico...