Hoxe, o noso alumnado de 3º e 4º de ed. primaria tivo a posibilidade de facer unha sesión de baloncesto co Clube Arxil, da man do seu adestrador Edu e das xogadoras do primeiro equipo Nena Trajchevska e Miriam García Lesende, co cal levamos moitos anos colaborando.
Foi un placer, coma sempre e a rapazada pasouno xenial aprendendo as bases do dxt do baloncesto.
Como sempre, tamén vos invitan a probar co clube, como indica no folleto que lles deron hoxe.