Ola, como imos? Onte, as clases de 1º, 2º, 3º e 4º de ed. primaria tiveron a sesión de esgrima correspondente impartidas maxistralmente por Michelle, tiradora e adestradora do Clube Escola Hungaresa de Esgrima Pontevedra.
Coma sempre, é un luxo poder contar con alguén da súa entidade para compartir con nós esta mañá ensinando os movementos básicos tanto de desprazamentos (marcha) como de ataque (fondo).
Estades invitados a probar no seu clube, atopando a información necesaria no díptico que cada rapaz/a levou onte para casa.
Déixovos unha mostra do traballado: