lunes, 20 de junio de 2022

Actividade GRATUITA de Baloncesto

Ola, ola, que tal?

Dentro das diferentes colaboracións que temos coas distintas federacións, aquí vos deixo unha nova.

Que os vosos fillos e fillas poidan realizar entrenamientos de baloncesto gratuitos dende hoxe ata o mes de novembre.

Déixovos o enlace correspondiente onde tendes que facer a reserva do cativo/a e a nota que nos enviou a Federación Galega de Baloncesto:

A Federación Galega de Baloncesto e a Consellería de Igualdade poñen en marcha o Programa Corresponsables dende o luns día 20 de xuño. É un programa de cuidado profesional de menores de 16 anos a través de la realización de actividades de baloncesto. 

En Pontevedra, será levado a cabo polo Club Baloncesto Arxil na pista cuberta do Ceip Manuel Vidal Portela, polas tardes en 2 turnos, de 16 a 18 e de 18 a 20 horas de luns a venres. É gratuito e para acudir solamente teñen que cubrir o enlace que se adxunta https://forms.gle/ooR447MjS2YqVLip8 ou chamar por teléfono (607354735) e nós axudarémoslles a cubrilo. 

Por iso pregamos o difundades entre as familias e alumnado que considerades que poden cumprir os requisitos, que son:

sábado, 18 de junio de 2022

Golf

Como xa vos indicara anteriormente, o xoves 16 de xuño fomos coa clase de de educación primaria ó campo de golf de Meis a practicar este novo deporte para a gran maioría da rapazada.

A xornada estivo moi ben, puidemos aprender un pouco máis acerca deste deporte e o máis importante, escoitar a dous golfistas profesionais como Javier e Miguel, os seus consellos e coller os paus e as bolas, e golpear ata o green.

Foi moi divertido e de seguro que algún volve probar esta experiencia.























viernes, 17 de junio de 2022

Actividades deportivas

Ola, aquí vos deixo a última explicación dunha actividade que practica unha compañeira vosa de 5º de educación primaria.

"Llegamos al final de la temporada de rítmica escolar y los resultados han sido inmejorables. El conjunto de Inés se proclamó ganador de la Liga Provincial de Pontevedra con un total de 33.00 puntos. 

Así mismo, el pasado sábado, 11 de junio de 2022, se celebro el XVIII Torneo de Los Sauces, donde pudimos disfrutar de una competición única, no solo sobre el tapiz sino también en las gradas, y un resultado excepcional.
Este año Inés también participó con su entero individual en los Torneos Federados celebrados por los clubes As Triscas y Xiada. En ambos resultó vencedora. Solo queda gradecer a estos clubes su implicación con la rítmica y su magnífica organización.
El campeonato gallego al final no pudo ser. Los nervios y algunas imprecisiones las relegaron a la mitad de la tabla. Pero otra vez será.... Lo único importante es disfrutar y pasarlo bien".















Por outro  lado, seguen chegando máis actividades deportivas vosas que aquí vos deixo:







miércoles, 15 de junio de 2022

Golf

Ola, que tal?

Este xoves, 16 de xuño, a clase de 5º de educación primaria, irá ó Campo de Golf de Meis a practicar este deporte, que moitos nenos e nenas, ainda non puideron probar.

É unha actividade dentro do programa XOGADE, a derradeira deste curso. Espero que para o próximo ano, poidamos retomar todas as actividades programadas dentro deste programa da Xunta de Galicia.

Nesta xornada, dividirannos en dous grupos, cada un acompañado por un mestre (a súa titora e máis eu), onde un dos grupos verá as instalacións e practicará a posta en marcha da bola e o outro grupo, fará un recorrido polo campo duns cantos hoyos.

Seguro que o fan estupendamente e o mellor, sae un novo Jon Rahm...

Déixovos o cartel anunciativo dos coles que fomos seleccionados para levar a cabo a sesión práctica nun campo de golf para que vexades o difícil que é e a sorte que temos.


martes, 14 de junio de 2022

Duatlón

Ola, como xa vos comentara anteriormente, este luns tocoulle o turno as clases de 5º e 6º de educación primaria facer o Duatlón.

Chamoume moito a atención que moitos rapaces e rapazas da clase de 6º de primaria non quixeron facer a parte de bicicleta (uns decían que estaban cansos, outros que non saben ir moi ben na bicicleta, etc.)

De todas formas, agora en verán, anímovos a que practiquedes a ir en bicicleta porque é moi divertido e pasas un rato moi agradable.

Aquí vos deixo o reportaxe fotográfico:















Fundación PHO3NIX KIDS by JAVIER GÓMEZ NOYA

Ola, como imos? Agora, chegando o final de curso, acábanos de chegar esta proposta de colaboración coa Fundación Pho3nix Kids, entidade coa que colaboran e patrocina a varios triatletas internacionais, entre eles, o noso famosísimo Javier Gómez Noya.

Nesta colaboración, lles faremos varias probas ao noso alumnado, probas que vos deixo no enlace adxunto para que as vexades, co que se pretende corroborar a predisposición de cada rapaz/rapaza, para practicar unha determinada proba deportiva (todo explicado no enlace adxunto).

Como sempre, se tedes algunha dúbida, podedes falar comigo cando queirades, ou podedes enviarma o correo educacionfisica@cprsanjose.es, e aclararéivola o antes posible.

Estas probas as farán todo o alumnado de educación primaria, adaptándoas as idades dos cativos e cativas, sempre impartidas por persoal altamente cualificado da Fundación e máis eu, que estarei continuamente seguindo as evolucións das realizacións das probas.

As faremos o longo dunha mañá, polo cal conda teñamos día asignado (porque dependemos de cando chegue o material para a realización destas probas), a rapazada terá que vir coa roupa deportiva do uniforme do colexio, é dicir, chándal, camiseta e zapatillas deportivas.

Déixovos aquí o enlace (está en inglés, así que de seguro serviravos para practicar un pouco este idioma)

Pho3nix Kids by Javier Gómez Noya

lunes, 13 de junio de 2022

Xogos Populares

Durante este mes de xuño, tamén nos toca practicar os xogos populares, así que animo aos pais, nais, avós, avoas e demáis familia, a que lles ensinen aos seus nenos e nenas como xogaban de pequenos, para que estes vexan que se pode xogar de maneiras moi diferentes.