miércoles, 15 de junio de 2022

Golf

Ola, que tal?

Este xoves, 16 de xuño, a clase de 5º de educación primaria, irá ó Campo de Golf de Meis a practicar este deporte, que moitos nenos e nenas, ainda non puideron probar.

É unha actividade dentro do programa XOGADE, a derradeira deste curso. Espero que para o próximo ano, poidamos retomar todas as actividades programadas dentro deste programa da Xunta de Galicia.

Nesta xornada, dividirannos en dous grupos, cada un acompañado por un mestre (a súa titora e máis eu), onde un dos grupos verá as instalacións e practicará a posta en marcha da bola e o outro grupo, fará un recorrido polo campo duns cantos hoyos.

Seguro que o fan estupendamente e o mellor, sae un novo Jon Rahm...

Déixovos o cartel anunciativo dos coles que fomos seleccionados para levar a cabo a sesión práctica nun campo de golf para que vexades o difícil que é e a sorte que temos.