Ola, como imos? Agora, chegando o final de curso, acábanos de chegar esta proposta de colaboración coa Fundación Pho3nix Kids, entidade coa que colaboran e patrocina a varios triatletas internacionais, entre eles, o noso famosísimo Javier Gómez Noya.
Nesta colaboración, lles faremos varias probas ao noso alumnado, probas que vos deixo no enlace adxunto para que as vexades, co que se pretende corroborar a predisposición de cada rapaz/rapaza, para practicar unha determinada proba deportiva (todo explicado no enlace adxunto).
Como sempre, se tedes algunha dúbida, podedes falar comigo cando queirades, ou podedes enviarma o correo educacionfisica@cprsanjose.es, e aclararéivola o antes posible.
Estas probas as farán todo o alumnado de educación primaria, adaptándoas as idades dos cativos e cativas, sempre impartidas por persoal altamente cualificado da Fundación e máis eu, que estarei continuamente seguindo as evolucións das realizacións das probas.
As faremos o longo dunha mañá, polo cal conda teñamos día asignado (porque dependemos de cando chegue o material para a realización destas probas), a rapazada terá que vir coa roupa deportiva do uniforme do colexio, é dicir, chándal, camiseta e zapatillas deportivas.
Déixovos aquí o enlace (está en inglés, así que de seguro serviravos para practicar un pouco este idioma)