lunes, 30 de septiembre de 2024

Sesión Iniciación Atletismo

Ola, o xoves pasado o alumnado da clase de 4º de ed. primaria tivo a sesión de iniciación ao Atletismo impartida por Joao Fontela, corredor e adestrados da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

Practicamos saltos, carreira, lanzamentos e remudas polo que "tocamos todas as modalidades do Atletismo. Estivo xenial e a rapazada quedou con gañas de máis; polo que vos deixo aquí un papeliño onde poder apuntarse nas Escolas Municipais da Gimnástica.
















viernes, 27 de septiembre de 2024

Fotos vosas 2

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron de vos facendo deporte fóra do cole. Xa sabedes que vos animo a que fagades todo tipo de deporte e que mas enviedes ao correo educacionfisica@cprsanjose.es







jueves, 26 de septiembre de 2024

Sesións Iniciación Balonmán

O pasado luns, o alumnado das clases de 6º e 5º de ed. primaria, tiveron a sua sesión de iniciación ao deporte do balonmán da man de Rhuan, xogador e técnico da S.D. TEUCRO. Foi todo un éxito e como son os maiores do centro, xa se ve que teñen unhas nocións moi boas do deporte, xa que se nota que practicaron os anos anteriores.

Como xa vos indiquei, este curso, chegamos a un acordo coa S.D. TEUCRO para que impartan unha actividade extraescolar do centro, o deporte do balonmán; recollendo aos rapacxs no colexio as 16:30 dos xoves e os pais tedes que recoller aos vosos fillxs as 18:00 horas no pavillón municipal, lugar onde se desenrolan as sesións. Esta actividade ten un custo de 10 euros ao mes, e anímovos a que probedes porque está xenial.












miércoles, 25 de septiembre de 2024

Nova actividade extraescolar

Ola, como xa vos comentara, estamos chegando a diferentes acordos con clubes da cidade para que teñemos a posibilidade de realizar actividades deportivas como actividades extraescolares; polo que vos deixo a última que nos chegou.

É practicar SALVAMENTO co Clube SAPO Pontevedra. Vos deixo a información aquí que espero que sexa do voso interese:

Inscripción

Escola Deportiva Municipal de Salvamento

Idades: dende 6 a 14 anos

Prezo: 50 euros

Ubicación: Complexo Deprtivo Rías do Sur

Días: de martes a venres (fai click na palabra "Inscripción" de arriba

Si sabes nadar ¿Apúntate!

Un Deporte que Salva Vidas

lunes, 23 de septiembre de 2024

Andainas

A semana pasada tamén tivemos tempo para facer as nosas tradicionais "andainas" de comezo de curso.

O mércores a fixemos o alumnado de 5º e 6º de ed. primaria e o venres o alumnado de 2º de ed. primaria. (O alumnado de 1º de ed. primaria non a fixo polas condicións climatolóxicas).

Estiveron xenial e a parte de camiñar e facer un pouco de exercicio, coñecemos diferentes aspectos dos lugares polos que camiñamos, preguntádelle aos vosos fillxs...

Deixo o reportaxe fotográfico:

                                                                                          

















Esta semana, intentaremos facela os demáis cursos...

Participación nas Actividades do Torneo Internacional de Tenis Sub14

Ola, como imos?

Como vos comentara, esta semana pasada, o martes o alumnado de 3º de ed. primaria e o xoves o alumnado de 4º de ed. primaria, participou nas actividades organizadas dende o Clube de Tenis Pontevedra para que o noso alumnado vivenciase en primeira persoa un Torneo de Tenis Internacional de rapacxs de pouco máis anos que eles.

Fixemos de forma rotativa tres actividades, unha ver o Torneo de Tenis en sí, outra practicar o deporte do tenis nunha pista de terra batida e a terceira, practicar o deporte do pádel.

Todo isto, compartindo a experiencia con alumnado doutros centros escolares e da mesma idade. Espero que vos comentaran a súa experiencia porque foi altamente satisfactoria.





























                                                  


Como podedes comprobar, os vosos fillxs poden practicar e entrenar tenis e pádel neste clube. Os interesadxs, tedes na foto anterior o contacto. Anímovos a que o fagades...