Ola, como imos?
Como vos comentara, esta semana pasada, o martes o alumnado de 3º de ed. primaria e o xoves o alumnado de 4º de ed. primaria, participou nas actividades organizadas dende o Clube de Tenis Pontevedra para que o noso alumnado vivenciase en primeira persoa un Torneo de Tenis Internacional de rapacxs de pouco máis anos que eles.
Fixemos de forma rotativa tres actividades, unha ver o Torneo de Tenis en sí, outra practicar o deporte do tenis nunha pista de terra batida e a terceira, practicar o deporte do pádel.
Todo isto, compartindo a experiencia con alumnado doutros centros escolares e da mesma idade. Espero que vos comentaran a súa experiencia porque foi altamente satisfactoria.
Como podedes comprobar, os vosos fillxs poden practicar e entrenar tenis e pádel neste clube. Os interesadxs, tedes na foto anterior o contacto. Anímovos a que o fagades...