sábado, 30 de septiembre de 2023

Novidades

Ola, ola, que tal?

Déixovos aquí unhas novidades que imos iniciar.

Como xa sabedes, comezamos octubro e por conseguinte, o pavillón. Como vos dixen o día da reunión de aula, os vosos fillxs teñen que traer unha mochila cunhas zapatillas deportivas dentro para poder cambialas e que poidan entrar na pista e recomendo unha botella de auga con auga para poder hidratarse.


Por outro lado, este mécores, 4 de octubro, temos a primeira das actividades do programa XOGADE (só poderán participar o alumnado que teñen a folla asinada e autorizada polos pais). Empezamos co Cros na zona da Xunqueira de Pontevedra. Participarán o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria facendo unha distancia diferente cada grupo. (Ese día, teñen que vir co chándal e camiseta do colexio, máis unhas zapatillas deportivas e recomendo unha botella de auga).

A clase de 2º de ed. primaria correrá 450 metros as 12:35 da mañá.

A clase de 3º de ed. primaria correrá 450 metros as 12:25 da mañá.

A clase de 4º de ed. primaria correrá 900 metros as 12:05 da mañá.

A clase de 5º de ed. primaria correrá 900 metros as 11:45 da mañá.

A clase de 6º de ed. primaria correrá 1350 metros as 11:15 da mañá.


Por último, o xoves (alumnado de 3º e 4º ed. primaria) e o venres (alumnado de 1º e 2º ed. primaria) da semana que entra, farán unha sesión de iniciación ao baloncesto impartida polo clube Estudiantes. Dende o clube, dixéronme que van formar un equipo para nenxs que teñan necesidades educativas especiais, como dato ao que lle deron máis importancia.


Aquí vos deixo a información por si queredes formar parte dun clube como é o SAPO (salvamento e socorrismo), son os que colaboran co centro cando facemos a actividade de Salvamento na piscina e na praia fluvial co alumnado de 6º de ed. primaria. 


viernes, 29 de septiembre de 2023

2ª fotos e vídeos de Actividades vosas

Aquí vos deixo as últimas fotos e vídeo que me chegaron.

Como vedes, temos un pouco de todo.

Vos invito a que me mandedes tódalas actividades deportivas que fagades fóra do horario escolar e eu ireinas publicando pouco a pouco neste blogue deportico do Colexio San José.

Mandarmas ao correo educacionfisica@cprsanjose.es. Animádevos!!!














Un luxo contar con dous campións olímpicos na nosa cidade e que sexan tan cercanos. Gracias chicxs!!!


Sesións de Iniciación ao Atletismo

Ola, esta semana o alumnado de 3º e 4º de ed. primaria, tivo a sorte de poder facer unha sesión de iniciación ao atletismo en colaboración coa Sociedade Gimnástica de Pontevedra na persoa de Joao, adestrador en corredor do propio clube.

Nesta sesión, fixemos carreiras, saltos e lanzamentos; actos primordiais na disciplina do atletismo.

Teño que darlle as gracias a Joao pola súa dedicación e saber respostar a tódalas dúbidas dos nosos cativos.

Deixovos unha folla para que vos apuntedes os que esteades interesados:

De todas formas, se algún ten algunha cuestión, pódema consultar sen problemas.

lunes, 18 de septiembre de 2023

Oportunidade!!!

Ola, que tal?

Déixovos aquí este apuntamento:

Como xa sabedes, do 20 ao 24 de septembro, celébrase en Pontevedra a Gran Final das Series Mundiais de Triatlón e o martes 19 de septembro as 18:00 estarán Javier Gómez Noya (campión de todo o que se pode neste deporte) e o noruego Kristian Blummenfelt (actual campión olímpico desta disciplina) na Plaza da Ferrería nun acto publicitario onde podedes sacar fotos con eles e a partir das 18:30, os maiores de idade,  podedes sair a correr con estes fantásticos campións e aguantar o seu ritmo de carreira. Espero vervos por alí e xa me contaredes...

1ª fotos e vídeos do alumnado

Ola, aquí vos deixo as primeiras fotos e vídeos que me chegaron de compañeirxs vosos facendo actividades deportivas durante o verán.

Xa sabedes que podedes enviarme todas as fotos e pequenos vídeos que queirades facendo deporte ou fomentando os hábitos de vida saudables ao correo educacionfisica@cprsanjose.es e publicareinas o antes posible neste blogue deportivo que entre todxs, iremos cubrindo.




domingo, 17 de septiembre de 2023

Sesións Iniciación ao Balonmán

O xoves pasado as clases de 3º e 4º de Ed. Primaria e o venres pasado as clases de 1º e 2º de Ed. Primaria, tiveron a sorte de poder facer unha sesión de iniciación ao Balonmán da man dos xogadores do Teucro (Rhuan Marchette e Caio da Silva) que foi unha experiencia altamente satisfactoria onde o noso alumnado a parte de practicar deporte, coñeceron de primeira man o deporte do balonmán.

Como sempre, o alumnado do colexio que queira probar a entrenar co Teucro, pode facelo sen ningún problema. Os interesadxs, preguntádeme a min (Gonzalo - mestre Ed. Física do colexio)

Déixovos un mostra do que fixemos:



Sesión cos Enfermeirxs do "Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermería de España"

Ola, ola, como imos?

O pasado mércores, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria fixeron a súa primeira saída do curso, aproveitando que estaba na Praza de España o trailer do "Consello Xeral de Colexio Oficiais de Enfermería de España" e divididos, cada clase, en 3 grupos, pasamos de forma rotativa por cada obradoiro (RCP-Reanimación Cariopulmonar; Trivial sobre preguntas de enfermería, e Xogo da Oca con preguntas de hábitos saudables)

Foi toda unha experiencia e aparte de aprender, pasámolo moi ben e incluso levaron un regaliño para casa (que xa veriades, me imaxino) 





lunes, 11 de septiembre de 2023

Comezo do curso

Ola, ola! Como imos?

Xa estamos de volta coas pilas cargadas!!!

Desexo que teñamos un novo curso cheo de actividades deportivas novas e que veñades con moitas gañas de facelas; mostrando o interese de todos os anos.

Como xa vos comentara, neste blogue ireivos informando de todas e cada unha das actividades propostas dende a asignatura de Ed. Física.

O pavillón comeza no mes de octubro e tedes que levar unha mochila cos tenis e unha botella con auga.

O horario e cursos de pavillón é o seguinte:

LUNS: de 11:45 a 12:45 a clase de 6º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 5º de ed. primaria.

MARTES: de 11:45 a 12:45 a clase de 4º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 3º de ed. primaria.

MÉRCORES: de 11:45 a 12:45 a clase de 5º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 6º de ed. primaria.

XOVES: de 11:45 a 12:45 a clase de 3º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 4º de ed. primaria.

VENRES: de 11:45 a 12:45 a clase de 1º de ed. primaria e de 12:40 a 13:40 a clase de 2º de ed. primaria.

Como xa vos comentara, se tedes dúbidas ou necesitades calqueira aclaración con respecto a asignatura de Ed. Física, de  Actividades Deportivas ou do Proxecto de Vida Activa, só tedes que enviarme un correo a educacionfisica@cprsanjose.es e intentarei respondervos o antes posible.

As titorías conmigo as tedes o martes de 16:00 a 18:00 horas, mandando unha nota a titora do curso por ABALAR.

Moito ánimo para todxs; nenos e nenas, pais e nais, mestres e mestras.