sábado, 30 de septiembre de 2023

Novidades

Ola, ola, que tal?

Déixovos aquí unhas novidades que imos iniciar.

Como xa sabedes, comezamos octubro e por conseguinte, o pavillón. Como vos dixen o día da reunión de aula, os vosos fillxs teñen que traer unha mochila cunhas zapatillas deportivas dentro para poder cambialas e que poidan entrar na pista e recomendo unha botella de auga con auga para poder hidratarse.


Por outro lado, este mécores, 4 de octubro, temos a primeira das actividades do programa XOGADE (só poderán participar o alumnado que teñen a folla asinada e autorizada polos pais). Empezamos co Cros na zona da Xunqueira de Pontevedra. Participarán o alumnado de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de ed. primaria facendo unha distancia diferente cada grupo. (Ese día, teñen que vir co chándal e camiseta do colexio, máis unhas zapatillas deportivas e recomendo unha botella de auga).

A clase de 2º de ed. primaria correrá 450 metros as 12:35 da mañá.

A clase de 3º de ed. primaria correrá 450 metros as 12:25 da mañá.

A clase de 4º de ed. primaria correrá 900 metros as 12:05 da mañá.

A clase de 5º de ed. primaria correrá 900 metros as 11:45 da mañá.

A clase de 6º de ed. primaria correrá 1350 metros as 11:15 da mañá.


Por último, o xoves (alumnado de 3º e 4º ed. primaria) e o venres (alumnado de 1º e 2º ed. primaria) da semana que entra, farán unha sesión de iniciación ao baloncesto impartida polo clube Estudiantes. Dende o clube, dixéronme que van formar un equipo para nenxs que teñan necesidades educativas especiais, como dato ao que lle deron máis importancia.


Aquí vos deixo a información por si queredes formar parte dun clube como é o SAPO (salvamento e socorrismo), son os que colaboran co centro cando facemos a actividade de Salvamento na piscina e na praia fluvial co alumnado de 6º de ed. primaria.