domingo, 17 de septiembre de 2023

Sesión cos Enfermeirxs do "Consello Xeral de Colexios Oficiais de Enfermería de España"

Ola, ola, como imos?

O pasado mércores, o noso alumnado de 5º e 6º de Ed. primaria fixeron a súa primeira saída do curso, aproveitando que estaba na Praza de España o trailer do "Consello Xeral de Colexio Oficiais de Enfermería de España" e divididos, cada clase, en 3 grupos, pasamos de forma rotativa por cada obradoiro (RCP-Reanimación Cariopulmonar; Trivial sobre preguntas de enfermería, e Xogo da Oca con preguntas de hábitos saudables)

Foi toda unha experiencia e aparte de aprender, pasámolo moi ben e incluso levaron un regaliño para casa (que xa veriades, me imaxino)