viernes, 27 de mayo de 2022

Semana da froita

Ola, xa rematamos a semena da froita. Como sempre, todo un éxito e con máis gañas de seguir facéndoas o próximo curso.

Déixovos as últimas fotos que me chegaron:


















Xornada de excursión

Como xa sabedes, onte fomos de excursión ata a Guardia e Tui. Pasámolo moi ben e a parte de visitar eses lugares, fixemos moita actividade deportiva. Para mostra, déixovos un pequeno reportaxe fotográfico:




















Máis actividades

Esta semana chegoume esta foto dunha compañeira vosa que rematou a tempada co seu equipo. Como vedes, gustoulle moito o seu deporte e optivo os seus resultados.

Noraboa.


Xa sabedes que se queredes que as vosas fotos ou videos saian neste blogue, tedes que enviarmas a: educacionfisica@cprsanjose.es

miércoles, 25 de mayo de 2022

Semana da froita

Esta semana, estamos a celebrar a semana da froita dentro do fomento de Hábitos de Vida Saudables do noso programa "Proxecto de Vida Activa e Deportiva".

Como sempre que o celebramos, a resposta dos cativos e cativas é espectacular, comendo moita froita, ainda que como pasa na casa, uns a comen mellor que outros.

O luns tivemos peladillo, o martes amorado, o mércores melón.

Reportaxe fotográfico:













Para mañá xoves, día da excursión, teremos mandarina e o venres, derradeiro día desta semana da froita, teremos arándanos!!!

Bádminton plus

Ola, ola, que tal?

Esta semana tivemos a sorte de contar con Iria, entrenadora e xogadora do Club Rosalía de bádminton de Vigo, clube encargado de impartirnos as sesións deste deporte no noso centro dentro do Programa Bádminton Plus da Real Federación Española de Bádminton.

Xa levamos uns anos dentro deste programa e a verdade, é que o noso alumnado complementa moi ben os coñecementos adquiridos nas propias sesións de ed. física do cole o cal reforza a nosa forma de traballar. O luns foron as clases de e 6º de ed. primaria e o martes foron as clases de 3º e 4º de ed. primaria.

Déixovos aquí unha mostra do que fixemos: