Un ano máis, a xa non podo levar a conta, fixemos a nosa tradicional visita a base da Brilat de Figueirido pertencente o Exército de Terra do noso pais.
Como sempre, a visita estivo xenial e contamos en todo momento coas atencións dos cabos asignados a cada unha das clases. Fomos coas aulas de 3º e 4º de educación primaria do cole, onde o noso alumnado puido ver desde dentro o funcionamento dunha base militar, onde nos ensinaron parte das súas instalacións, fixemos unha pista americana que nos tiñan preparada (onde puxemos de manifesto as nosas cualidades físicas), escoitamos a banda de música e puidemos ver e montar en diferentes vehículos dos que dispoñen.
Teño que agradecer a todos os soldados que estiveron con nos, pola súa paciencia e saber estar para con nós, alumnado e porfesorado, aclarando todos e cada unha das dúbidas surxidas.
O único a salientar, é que non tivemos tempo para poder disfrutar máis de todo o que nos tiñan preparado, porque debido a protocolos do Covid, tivemos que adaptarnos as circunstancias; esperando en futuras visitas, voltar a normalidade.