miércoles, 25 de mayo de 2022

Bádminton plus

Ola, ola, que tal?

Esta semana tivemos a sorte de contar con Iria, entrenadora e xogadora do Club Rosalía de bádminton de Vigo, clube encargado de impartirnos as sesións deste deporte no noso centro dentro do Programa Bádminton Plus da Real Federación Española de Bádminton.

Xa levamos uns anos dentro deste programa e a verdade, é que o noso alumnado complementa moi ben os coñecementos adquiridos nas propias sesións de ed. física do cole o cal reforza a nosa forma de traballar. O luns foron as clases de e 6º de ed. primaria e o martes foron as clases de 3º e 4º de ed. primaria.

Déixovos aquí unha mostra do que fixemos: