Este mércores, o alumnado de 6º de educación primaria fixo a visita o Campo Municipal de Pasarón onde a parte de ver todas as instalacións do campo; vestiarios, sala de prensa, ximnasio, palcos, zonas vips... puideron pisar o propio campo e falar con dous xogadores do Pontevedra C.F., Rufo e o capitán Álex González.
Estes xogadores a parte de responder as preguntas do noso alumnado, incidiron na importancia dos estudos, e eles, ainda que son xogadores semiprofesionais, decidiron estudar algo para o seu futuro, para cando remate a súa vida deportiva.
Teño que agradecer ó Pontevedra C.F., por acollernos tan ben e deixarnos ver o propio campo desde dentro e que os nosos cativos/as experimentasen esta experiencia en primeira persoa; así como tamén a estes dous xogadores polo tempo que nos dedicaron e pola súa implicación en responder todas as dúbidas dos nosos rapaces e rapazas, e por último, darlle as gracias a Cristobal (preparador físico) e Gelillo (coordinador da base), por acompañarnos e explicarnos todo durante a nosa visita. Por todo isto, GRACIAS.