Ola, ola, que tal?
Como xa vos indicara anteriormente, este mércores 18 e hoxe xoves 19 de maio, tivemos a sorte de poder contar coa colaboración da Federación Galega de Loita, como anos anteriores e puidemos disfrutar dun deporte de contacto sen golpeo que é Olímpico.
Ámbolos dous días, contamos coa presencia do adestrador da selección galega e técnico no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Rubén Méndez que nos impartiu unha sesión maxistral do deporte da Loita para as clases de 3º, 4º e 6º de ed. primaria. Ademáis, na xornada de hoxe, xoves, puidemos contar coa presencia de dúas deportistas profesionais e recentemente proclamadas campionas de España no súa categoría, Lydia Pérez e Nerea Pampín. Todo un luxo polo cal estou eternamente agradecido aos tres, por poder vir e compartir con nós estas sesións impresionantes deste magnífico deporte.
Cada sesión, consistiu nunha pequena presentación tanto do adestrador como das dúas deportistas, unha pequena explicación do deporte da loita, un quecemento e unha posta en práctica das diferentes técnicas deste deporte; para terminar cunha foto de grupo.
Os rapaces e rapazas o pasaron xenial, se divertiron e aprenderon un deporte que normalmente non practican. Podedes preguntarlle, porque moitos deles e delas, xa queren anotarse no Club de Loita Pontevedra e seguir practicando este deporte.
Déixovos a reportaxe fotográfica do evento: