O próximo mércores, 18 de maio, despóis de voltar destas minivacacións, o alumnado de 5º de educación primaria, vai asistir a unha xornada de iniciación a Traineras e Bateis co Club Vila de Cangas de Remo dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
Este alumnado, ten que traer unha mochila con roupa para cambiarse, por si nos mollamos, xa que sairemos o auga a remar; onde lles recomendo que traian unha muda de roupa interior, calcetíns, unha camiseta e outro chándal, así como tamén outros tenis por si acaso. Preferiblemente, que esta roupa para cambiarse, que sexa roupa do colexio, é dicir, unha camiseta e un chándal do uniforme do colexio San José. En caso de que non teñan outra muda do uniforme, que traian unha camiseta e un chandal que teñan. Deben traer unha toalla pequena para secarse. Tamén lles recomendo que traian de merenda un bocata, unha peza de froita e unha botella de auga.
O remate da actividade, subirei as fotos correspondientes e de seguro que disfrutamos moito e o pasaremos xenial.
Bo descanso e ata o mércores...
Por outra banda, ese mesmo mércores, o alumnado de 6º de educación primaria, terá unha sesión práctica do deporte de "Loita Olímpica" impartida por un entrenador da Federación Galega de Loita e dentro do programa Xogade da Xunta de Galicia.
Deste mesmo xeito, o día seguinte, xoves, terán esa sesión práctica de loita o alumnado de 3º e 4º de educación primaria sempre dentro da asignatura e no horario da clase de Ed. Física.