domingo, 31 de marzo de 2024

Xornadas Deportivas mes de abril

Ola, como ides?

Aquí vos adianto as diferentes actividades deportivas que imos facer durante o próximo mes:

O 8-04 --- o alumnado de 5º de ed. primaria fará a súa primeira incursión no deporte do piragüismo DRAGÓNS no río Lérez coa colaboración da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.

O 16-04 --- o alumnado de 3º de ed. primaria fará a súa derradeira sesión de TENIS nunha xornada de deporte e convivencia con 12 centros escolares nas instalacións do Club Tenis Pontevedra na Caeira.

O 17-04 --- o alumnado de 6º de ed. primaria fará a primeira sesión do deporte de SALVAMENTO e SOCORRISMO coa parte de seco contando coa colaboración do Clube SAPO.

O 18-04 --- o alumnado de 3º e 4º ed. primaria fará unha sesión de FÚTBOL SALA contando coa colaboración do Clube POIO PESCAMAR.

O 23-04 --- o alumnado de 4º de ed. primaria fará a súa xornada intercentros con 9 centros escolares on de practicaremos: RUGBY CINTA, RCP e DESA, BALONCESTO, BALONMÁN e XOGOS TRADICIONAIS.

O 25-04 --- o alumnado de 6º de ed. primaria fará a súa sesión de piragüismo DRAGÓNS no Pontillón do Castro.

O 29-04 --- o alumnado de 6º de ed. primaria fará a primeira das sesións de EDUCACIÓN VIAL coa colaboración da Policía Local de Pontevedra.

Nada máis, creo que temos deporte dabondo...

lunes, 25 de marzo de 2024

Xornada Intercentros 3º primaria.

Ola, ola, que tal?

Como vos indicara, o pasado 19 de marzo, tivemos no pavillón municipal unha fantástica xornada de deporte e convivencia entre as clases de 3º de ed. primaria de 8 centros escolares da contorna de Pontevedra. Estes centros fomos: CEIP Cabanas, CEIP Santo André de Xeve, CEIP Isidora Riestra, CEIP Amor Ruibal, CEIP Froebel, CEIP Xunqueira I, CEIP Parada y CPR San José.

Esta actividade está organizada por ADESPONT (Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra), en colaboración co Servicio de Deportes da Xunta de Galicia dentro do programa XOGADE, e tamén contamos coa inestimable colaboración do Servicio de Deportes do Concello de Pontevedra que nos prestou as instalacións e da empresa Supermercados FROIZ, que nos deron auga e froita para todos os participantes.

A xornada estivo composta polos seguintes deportes, XADREZ (coa colaboración da Escola Xadrez Pontevedra), ESGRIMA (coa colaboración da Escola Hungaresa de Esgrima), JUDO (coa colaboración do Clube Judo Campolongo), RCP e DESA (coa colaboración da Escola de Enfermería de Pontevedra) e RUGBY CINTA (coa colaboración do Pontevedra Rugby Club). Foi todo un éxito e teño que agradecer a fantástica colaboración de todxs e cada un dos integrantes destes equipos e institucións, sin os cales, non poderiamos facer esta impresionante xornada.

Os verdadeiros protagonistas, foron os 190 nenos e nenas dos 8 colexios que estivemos, que durante toda a mañá, participou moi activamente no desenrolo das diferentes actividades, mostrando unhas gañas de xogar verdadeiramente impresionantes.

Tamén teño que darlles as gracias, o alumnado de 1º do ciclo TSEAS e ao seu mestre Anxo, pola súa integración para con nós.

Agradecer tamén a implicación dos mestres dos distintos colexios, que acompañaron os equipos durante a xornada e en especial aos mestres de E.F. dos centros implicados, que son os que fan posible o desenrolo desta marabillosa sesión.

Aquí vos deixo algunhas mostras do feito...
















domingo, 17 de marzo de 2024

Sesión Judo

O primeiro día de Ed. Física desta semana, o alumnado de 3º de Ed. Primaria, tivo a sorte de contar coa presencia de Alberto Guimeráns, adestrador do Clube Judo Campolongo para iniciarnos neste fantástico deporte do Judo, onde o alumnado puido facer e practicar as diferentes técnicas de agarre, inmovilización e derribo. Foi todo un éxito e o pasamos xenial. 

Esta sesión, sérvenos para preparar a gran xornada final onde a clase de 3º xuntarase con outras clases de 3º doutros colexios o 19 de marzo.

Déixovos unha mostra do traballado:















domingo, 10 de marzo de 2024

Sesións Rugby Cinta

O último día de Ed. Física desta semana, o alumnado de 3º e 4º de Ed. Primaria, tiveron a sorte de contar coa presencia de Alberto Fernández, adestrador do Pontevedra Rugby Club para iniciarnos neste fantástico deporte como é o Rugby Cinta, o paso previo ao deporte do Rugby, onde o alumnado non pode facer placaxes e o que teñen que facer, é quitar unha das cintas que teñen amarradas ao seu cinturón. Unha vez vez feito, páraxe a xogada e posteriormente se reinicia botando o balón cara atrás.

Estas sesións, sérvenos para preparar a gran xornada final onde a clase de 3º xuntarase con outras clases de 3º doutros colexios o 19 de marzo, e a clase de 4º fará o mesmo o 23 de abril.

Déixovos unha mostra do traballado:










                                                           


sábado, 9 de marzo de 2024

Quincena do Xadrez

Ola, ola, como imos?

Esta última semana e a que ven, seguiremos a traballar o Xadrez como deporte nas sesións de Ed. Física. É altamente satisfactorio ver a evolución da rapazada, e ver que se lembran maioritariamente das cousas aprendidas nos cursos pasados.

Ogalla sigamos así e vos invito a practicar cos vosos fillxs porque realmente sorpréndenos o que saben e o ben que se lles da. Ánimádevos...