Ola, como ides?
Aquí vos adianto as diferentes actividades deportivas que imos facer durante o próximo mes:
O 8-04 --- o alumnado de 5º de ed. primaria fará a súa primeira incursión no deporte do piragüismo DRAGÓNS no río Lérez coa colaboración da Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra.
O 16-04 --- o alumnado de 3º de ed. primaria fará a súa derradeira sesión de TENIS nunha xornada de deporte e convivencia con 12 centros escolares nas instalacións do Club Tenis Pontevedra na Caeira.
O 17-04 --- o alumnado de 6º de ed. primaria fará a primeira sesión do deporte de SALVAMENTO e SOCORRISMO coa parte de seco contando coa colaboración do Clube SAPO.
O 18-04 --- o alumnado de 3º e 4º ed. primaria fará unha sesión de FÚTBOL SALA contando coa colaboración do Clube POIO PESCAMAR.
O 23-04 --- o alumnado de 4º de ed. primaria fará a súa xornada intercentros con 9 centros escolares on de practicaremos: RUGBY CINTA, RCP e DESA, BALONCESTO, BALONMÁN e XOGOS TRADICIONAIS.
O 25-04 --- o alumnado de 6º de ed. primaria fará a súa sesión de piragüismo DRAGÓNS no Pontillón do Castro.
O 29-04 --- o alumnado de 6º de ed. primaria fará a primeira das sesións de EDUCACIÓN VIAL coa colaboración da Policía Local de Pontevedra.
Nada máis, creo que temos deporte dabondo...