Dentro desde Proxecto de Vida Activa e Deportiva de Centro (PVAD en adiante), o que pretendo é que os rapaces/as e as súas familias poidan seguir, se o consideran oportuno, unha serie de actividades e páxinas web de interese, tanto en cuanto a alimentación, hábitos de vida saudables, descanso e exercicio físico. Todos estes puntos considerámolos de moito interese e moi útiles para o desenvolvemento do noso alumnado.
Os programas que estamos a facer, sempre seguen os memos parámetros:
1º - Formación do mestre de Ed. Física do centro asistindo a cursos de formación organizados pola propia federación correspondente, polo CFR /Centro de Formación e Recurso do Profesorado de Pntevedra) ou polo propio servizo de deportes da Xunta de Galicia.
2º - Elaborar e presentar por parte do mestre de Ed. Física, a unidade didáctica feita, valorada e cualificada pola administración encargada do curso.
3º - Posta en marcha desta unidade didáctica cos rapaces/as do curso para o que vaia destinada dita formación.
Así, desta forma temos as seguintes actividades que intentaremos realizar ó longo do curso:
Co alumnado de 6º de primaria - Xornadas Multideportivas Intercentros / Xogos Tradicionais / Salvamento / Deportes Inclusivos / Cros.
Co alumnado de 5º de primaria - Xornadas Multideportivas Intercentros / Tenis / Dragón Boat / Cros.
Co alumnado de 4º de primaria - Xornadas Multideportivas Intercentros / Pádel / Atletismo en Pista / Cros.
Co alumnado de 3º de primaria - Xornadas Multideportivas Intercentros / Tenis de Mesa / Cros.
Co alumnado de 2º de primaria - Xornadas Multixogo 6-8 / Cros.
Co alumnado de 3º de primaria - Xornadas Multixogo 6-8.
Así mesmo, en colaboración coa federación de volei e dentro do programa PEQUEVOLEY, faremos unha unidade didáctica e xogaremos cos alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria.
En colaboración coa federación de bádminton e dentro do programa BADMINTON PLUS, traballaremos o deporte do bádminton dende o curso de 3º de primaria ata o de 6º de primaria. Nesta edición, virán os compoñentes do equipo de bádminton do Ravachol a darnos unhas nocións básicas do seu deporte. Este equipo, está na máxima categoría do bádminton nacional.
Por outra banda, este é o cuarto curso, onde o mestre de Ed. Física do centro, púxose en contacto con outros mestres de Ed. Física doutros colexios para facer as XORNADAS MULTIDEPORTIVAS INTERCENTROS que consisten en que cada mestre traballe cos seus alumnos/as uns deportes de nova implantación (máis abaixo deixo o listado de deportes), e logo facer unha xornada de convivencia con outros nenos e nenas doutros colexios e todos xuntos, facer equipos mixtos de rapaces e rapazas e que sexan dos dous centros implicados na xornada, para que vivan xogar e conseguir uns obxectivos comúns entre todo o alumnado. Para cada deporte, seguimos unha U.D. (Unidade Didáctica) aprobada polo Servicio de deportes da Xunta de Galicia que consta de 5 sesións, onde na primeira, virá un adestrador dun clube da cidade a presentar o seu deporte e motivar o máximo posible ao alumnado. Unha vez pasada esta sesión, cheguei a una acordo con todos os clubes para que o alumnado do noso centro poida probar unha ou duas sesións de forma totamente gratuíta, ese deporte nas instalacións de ese clube, antes de decidirse a quedarse nesa disciplina deportiva ou non.
Os centros que facemos estas xornadas somos:
CEIP Santo André de Xeve co seu mestre Carlos á cabeza.
CEIP A Xunqueira I coa súa mestra Paloma e Ruth ao fronte.
CEIP Froebel co mestre Pedro lideirando o equipo.
CEIP Cabanas co mestre Jose Luis de primeira lanza.
CEIP San Benito de Lérez co seu mestre Hugo como capitán.
CEIP de Parada co seu mestre Víctor como encargado.
CEIP Isidora Riestra con Berta lideirando o programa.
CEIP Amor Ruibal con Álex aos mandos.
CEIP Daría González con Marta ao fronte.
CEIP Álvarez Limeses con Patricia e Cristóbal á cabeza.
CEP Marcos da Portela co mestre Víctor de primeira lanza.
CPR San José co mestre Jara como encargado.
Os deportes a practicar son:
Goalball - variante do fútbol pero adaptado a xogar sen ver para integrar ó alumnado cego dos centros.
Datchball - variante do brilé onde se premia o traballo en equipo.
Colpbol - variante do balonmán onde o que se consegue é traballar os golpeos coas mans.
Pelota Canadiense - variante do atletismo para o equipo que ataca e o balonmán para o equipo que defende.
Rugby Cinta - variante do rugby onde está totalmente prohibido tocar os demáis xogadores.
Boteball - variante do volei onde o que se persegue é que participen todos e todas.
Kickball - variante do béisbol que persegue a colaboración e cooperación entro cada equipo.
Floorball - variante do hochey, deporte con implementos non habituáis para o alumando.
Faremos xornadas de dous colexios a modo de liguiña no primeiro trimestre. xornadas de un mesmo curso de todos os colexios implicados no segundo trimestre e deportes que requiren instalacións ou materiais especiais no terceiro trimestre.
A nosa idea é que cada xornada, un colexio xogue contra outro de forma rotativa, unhas veces xogando como locatario e outras como visitante. O equipo locatario fai de anfitrión e na hora da merenda, dalles a tódolos participantes unha botella de auga e unha ou dúas pezas de froita, ademáis de poñer o recinto de xogo.
De igual modo, seguimos colaborando cos equipos da cidade, como vimos facendo desde hai moitos anos, onde damos a coñecer os diferentes deportes que se practican na mesma.
Os equipos son:
Pontevedra C. F. - onde a parte de coñecer ós xogadores, visitamos o estadio municipal de Pasarón.
Teucro - onde cada clase de ed. primaria, ten unha xornada de coñecemento do balonmán.
Loita Pontevedra - cada clase de primaria, ten unha xornada de disfrute deste deporte.
Judo Pontevedra - cada clase de primaria practica este deporte nunha sesión.
Gimnástica - contando coa presenza de Jean Marie Okutu, actual campión de España de salto de lonxitude.
Escola Hungaresa de Esgrima - este ano foi a primeria vez onde cada clase de primaria tivo contacto con este dinámico deporte.
Tenis de Mesa Monteporreiro - este ano teremos por primeira vez a presenza deste clube que tantos logros está conseguindo con tan poucos recursos.
Arxil - equipo pioneiro do deporte do baloncesto na nosa cidade.
Equipo Ciclista Froiz - onde os alumnos/as dende 2º ata 6º de primaria imos a presentación do equipo.
Dragón Boat Galicia - faremos unha xornada de piragüismo co noso alumnado.
Xadrez Pontevedra - contando co Mestre Internacional de xadrez Daniel Rivera, todo o alumnado dende a clase de 5 anos ata os de 6º de primaria.
Pontevedra Rugby Clube - faremos unha xornada de iniciación o rugby coas clases de 3º e 4º de primaria.
Este ano, intentarei continuar coa práctica de deportes inclusivos para que os rapaces e rapazas poidan comprobar de primeira man cómo é estar en cadeira de rodas e o que custa facer as cousas máis habituáis coma coller un autobús ou ir á compra.
Son moitas cousas a facer, pero co bo comportamento dos nenos/as, o apoio do equipo directivo e claustro de profesores e as ganas do mestre de Ed. Física, iremos dando pasiño a pasiño ata acadar os nosos obxectivos.
MOITO ÁNIMO e MOITÍSIMAS GRACIAS a TOD@S.