Ola, ola! Que tal?
Como xa sabedes, o venres pasado, comezamos coa MOCHILA DEPORTIVA que consiste en que cada venres, un/ha rapaz/a de cada clase (dende a clase de 4º de Ed. Infantil ata 6º de Ed. Primaria) a leve para casa e poida practicar con todo o que leva dentro. Tedes ata o mércores seguinte para devolvela a clase para que o venres seguinte a poida levar outro compañeirx.
Vos animo a que xoguedes moito e saquedes algunha foto para que despois de mandarma, podela subir a este blogue deportivo que conformamos toda a Comunidade Educativa do Centro.
A parte, outros compañeirxs, seguen mandando as súas fotos das actividades deportivas que fan fóra do horario lectivo. Ánimo que están xenial!!!!















