O próximo martes, 18 de novembro as 17:00 horas, terá lugar no propio centro escolar, unha interesantísima charla impartida polo Centro VIDERE (pincha aquí), equipo de Optometristas especializadas en Poboación Pediátrica e o Maior Centro de Optometría de Galicia.
Nesta charla falaremos das dificultades visuais que afectan a LECTURA, CONCENTRACIÓN, ESCRITURA e COMPRENSIÓN. cuxo obxectivo é a Detección Precoz dende o aula para evitar o Fracaso Escolar por causas visuais non detectadas a tempo.
Esta charla aporta as FAMILIAS:
Coñecer os Hitos Visuais do seu desenrolo.
Fomentar Na Casa o seu desenrolo visual.
Descubrir Que Frea a súa aprendizaxe.
Ver as Sinais de Alerta a tempo.
Ao PROFESORADO:
Diferenciar Vista de Visión.
Detectar dificultades visuais.
Aplicar Axudas no Aula efectivas.
Como Comunicalo as familias.
Debido aos importantes temas a tratar, convidámosvos a asistir a esta fantástica Charla, tendo que inscribirse para saber con cantos nais/pais/titores/familiares contamos e atopar o mellor lugar para levala a cabo.

