miércoles, 24 de marzo de 2021

Actividade no medio natural

Hoxe, chegoume este vídeo de un compañeiro e dúas compañeiras vosas facendo unha ruta de sendeirismo, concretamente a Ruta da Pedra e da Auga de Armenteira.

Paréceme estupendo que fagades actividades deportivas ó aire libre, e aproveitando o tempo tan bo que estamos tendo. Así que, aproveitade e ata pronto...


Recórdovos que podedes seguir enviando fotos ou vídeos ó seguinte correo: educacionfisica@cprsanjose.es

domingo, 14 de marzo de 2021

Actividade deportiva

Ola, que tal?

Aquí vos deixo as últimas fotos que me chegaron das vosas actividades deportivas. Como vedes, son dunha actividade deportiva federada, porque xa están abrindo as condicións para que poidamos facer deporte federado, que alivio!!!



Podedes seguir mandando cousas a educacionfisica@cprsanjose.es

lunes, 8 de marzo de 2021

E máis deporte

Ola, ola, como ides? Espero que moi ben, aproveitando estos días soleados e calurosos que temos.

Aquí vos deixo as derradeiras actividades que me foron chegando das vosas compañeiras e compañeiros.


Como vedes, está xenial facer unha poda, coa madeira e un pouco de imaxinación... convertémonos en "tiradores olímpicos".


E tamén temos verdadeiras artistas, poden patinar e bailar á vez!!!


Espero e desexo que sigades mandando as vosas actividades atléticas para poder publicalas neste blogue e seguir fomentando o deporte.

Podedes mandalos a educacionfisica@cprsanjose.es