jueves, 21 de diciembre de 2023

10ª fotos vosas

Ola, ola, como ides? Xa levavamos tempo sen poder publicar porque non me enviavades fotos vosas facendo actividades deportivas fóra do horario escolar.

Aquí vos deixo as últimas que me chegaron:









Espero que me enviedes máis e máis agora en vacacións. Sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es

sábado, 16 de diciembre de 2023

Xornada Intercentros

Ola, ola, como imos?

O mércores desta semana, o noso alumnado da clase de 5º de ed. primaria, tivo a súa xornada intercentros no pavillón municipal dos deportes, porque fomos os locatarios, co alumnado de 5º de ed. primaria do colexio CEIP Froebel. Actividade promovida pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) da que somos fundadores e co respaldo do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.

Foi unha xornada estupenda onde a parte de practicar os deportes que estiveramos traballando anteriormente nas clases de Ed. Física (Floorball, Kickball e Pelota Canadiense), fixemos un deporte "novo" para todxs, a Orientación. O máis importante para os mestres é a convivencia que experimentan o noso alumnado e é unha pasada como vai aumentando ao longo da mañá e cando volvamos coincidir na seguinte xornada intercentros con todo o alumnado de 5º de Ed. Primaria dos coles que estamos dentro da Agrupación, o 21 de febreiro, será moitísimo maior!!!

Pasámolo moi pero que moi ben, e disfrutaron un montón dos deportes plantexados. Preguntádelle aos vosos fillxs e veredes o que vos contan...

Como vos dicía, nos fomos o colexio organizador da xornada e por conseguinte, a parte de invitar ao alumnado do Froebel, lles invitamos a merenda cuns riquísimos plátanos e mazás acompañados da auga correspondente.

Teño que agradecer o boísimo comportamento do alumnado do Froebel e ao seu profesorado acompañante e tamén ao profesorado e alumnado do Ciclo do TSEAS porque estiveron facendo sesión práctica co noso alumnado, axundándome co desenrolo dos deportes a practicar.

Nada máis, seguireivos informando de todo o relacionado coas actividades deportivas e de vida activa e saudable neste blogue, polo que vos pido a vosa colaboración enviando fotos ou pequenos vídeos dos vosos fillxs facendo cualquier actividade deportiva fóra do horario escolar. Xa sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es

domingo, 10 de diciembre de 2023

Fotos sesións RCP e DESA impartidas pola Escola de Enfermería

Como xa vos comentara, aquí vos deixo parte das fotos que sacamos en cada unha das sesións de RCP e DESA impartidas pola Escola de Enfermería o pasado luns e martes.

Foi todo un éxito e teño que darlles as gracias tanto ao alumnado que veu, como ao profesorado que asistiu (Felipe, Martín e Myriam) da Escola de Enfermería de Pontevedra.