Ola, ola, como imos?
O mércores desta semana, o noso alumnado da clase de 5º de ed. primaria, tivo a súa xornada intercentros no pavillón municipal dos deportes, porque fomos os locatarios, co alumnado de 5º de ed. primaria do colexio CEIP Froebel. Actividade promovida pola Agrupación Deportiva Escolar Pontevedra (ADESPONT) da que somos fundadores e co respaldo do Servicio de Deportes da Xunta de Galicia dentro do Programa XOGADE.
Foi unha xornada estupenda onde a parte de practicar os deportes que estiveramos traballando anteriormente nas clases de Ed. Física (Floorball, Kickball e Pelota Canadiense), fixemos un deporte "novo" para todxs, a Orientación. O máis importante para os mestres é a convivencia que experimentan o noso alumnado e é unha pasada como vai aumentando ao longo da mañá e cando volvamos coincidir na seguinte xornada intercentros con todo o alumnado de 5º de Ed. Primaria dos coles que estamos dentro da Agrupación, o 21 de febreiro, será moitísimo maior!!!
Pasámolo moi pero que moi ben, e disfrutaron un montón dos deportes plantexados. Preguntádelle aos vosos fillxs e veredes o que vos contan...
Como vos dicía, nos fomos o colexio organizador da xornada e por conseguinte, a parte de invitar ao alumnado do Froebel, lles invitamos a merenda cuns riquísimos plátanos e mazás acompañados da auga correspondente.
Teño que agradecer o boísimo comportamento do alumnado do Froebel e ao seu profesorado acompañante e tamén ao profesorado e alumnado do Ciclo do TSEAS porque estiveron facendo sesión práctica co noso alumnado, axundándome co desenrolo dos deportes a practicar.
Nada máis, seguireivos informando de todo o relacionado coas actividades deportivas e de vida activa e saudable neste blogue, polo que vos pido a vosa colaboración enviando fotos ou pequenos vídeos dos vosos fillxs facendo cualquier actividade deportiva fóra do horario escolar. Xa sabedes que tedes que enviarmas a educacionfisica@cprsanjose.es